lunes, 31 de enero de 2011

Modric-Bale: The Lane to Bernabeu?

A semana pasada a prensa inglesa publicaba que o Real Madrid se levaría para a tempada 2011-12 a dupla do Tottenhan Hotspur composta por o croata Luka Modric e o galés Gareth Bale por un montante de 117 millóns de euros. Despois das carencias que mostrou o Real Madrid no Reyno de Navarra, polas baixas de Xabi Alonso e Marcelo, os que virían a complementar ,falaremos destes dous xogadores e doutras posibilidades . Os dous xogadores que tamén faltaron a fatídica noite do Olympique de Lion na tempada pasada, algo se debe notar a súa baixa.


Pero toda esta opinión quedarase en nada se dende o clube non interesa mellorar o fútbol no mediocampo e por banda, xa que sabedores somos que Mou, seguirá o señor Mourinho para a seguinte tempada, busca un mediocampo de forza e chegada, caracteristicas que non cumpren ningún dos sinalados. Ben se podía dar de conta que o Real Madrid debe de crecer tamén dende o futbol e non solo dende a física, porque cando esta falla, que queda. No partido no Reyno de Navarra viose que as baixas do tan denostado por outros Marcelo e o timón blanco Xabi Alonso son insistituibles e o rendimento ofensivo do Real Madrid baixa exponencialmente, dos que serían bos sustitutos Bale, Modric, Marquez ou Pérez. Atreveranse.

O galés Gareth Bale que conta con 21 anos, chegou o Tottenham dende o Southampton onde militaba na First Division por un montante de 10 millóns de euros máis 4 de variables. Chegou despois de despuntar en dito equipo como lateral esquerdo o que axudou a levar a promoción de ascenso a Premier, un ascenso que non conseguirían. A súa chegada o clube londinense non foi todo o boa que quixera sin apenas minutos  no lateral esquerdo. Pero a tempada pasada Harry Redknapp decidiu colocalo como volante esquerdo por diante de Assue Ekotto e a explosión deste xogador foi inmensa, sendo un dos homes importantes dos Spurs que os levou a conseguir plaza Champions por diante do millonario City. Nesta tempada cos focos da Champions encima deu o salto a fama co seu triplete en San Siro contra o Inter e no partido de volta coas súas prodixiosas internadas. A xente que me coñece ben sabe que a miña debilidade por este xogador e absoluta moito antes que a maioría do planeta futbolístico o coñecera e axudaría a reforzar a banda esquerda do Real Madrid que so ten como lateral puro a Marcelo, xogador co que dende o meu punto de vista garda moitas similitudes, xa que os dous se atopan moito máis cómodos desenvolvendo facetas ofensivas, sendo moito máis carrileiros que laterais puros, por eso reside unha pequena dúbida si chocarían os dous xuntos na mesma banda, pero para a falta de un ou outro serían o sustituto perfecto.

O croata Luka Modric chegou a Londres da man do español Juande Ramos procedente do Dinamo de Zagreb por un montante de 21 millóns de euros, adiantandoselle a grandes clubes europeos que non se decidiron a apostar polo chamado Cruyff dos balcáns e non solo polo seu parecido físico. Este brilante medio sería o complemento perfecto para Xabi Alonso que busca como “ auga de maio “ un xogador co que asociarse no mediocampo blanco, ante a imposibilidade de firmar a ningún dos extraordinarios medios culés, nin o tamén posiblemente culé para a seguinte tempada Francesc Fabregas, penso que a mellor opción é a do pequeno pero impresionante xogador  croata, un xogador que non debería durar moito en White Hart Lane si algún equipo dos chamados grandes pretende mellorar o seu xogo. Un complemento ofensivo e de bó trato de balón, lonxe dos correcamiños Khedira e Lass, ahora que xa se foi M. Diarra e o invisible Gago.
Aproveitando o tema do mediocentro vou sinalar dous nomes de xogadores españoles con enorme proxección dos que as secretarías técnicas españolas deberían tomar nota, aínda que parece como son españoles teñen un menor valor, pero a súa vez seguidos dende ligas extranxeiras. Que serían o españolista Javi Márquez o xoven zurdo para min vai camiño si a sorte o acompaña de ser  o novo Xabi Alonso, xogador con grandísima visión de xogo, un bó desplazamento largo e unha boa colocación, o Real Madrid debería apostar por un xogador como o perico como sustituto ou complemento do tolosarra, e nin que decir ten que unha tripla Alonso-Modric-Marquez sería deliciosa para o siareiro blanco en certos partidos, non solo do ofensivo vive o futbol. Outro medio español do que se debe tomar nota é o deportivista aínda que pertenecente o Atletico de Madrid, Rubén Pérez. O internacional en categorías inferiores por España aínda máis xoven que o perico, vai camiño tamén de ser un dos xogadores que marquen o futuro do futbol español aínda que esta operación para o Real Madrid por pertencer o clube do Manzanares. A pena na Coruña é que solo o poderán disfrutar durante dúas tempadas que será o que dure a súa cesión do 4 cordobés, incluida na operación Felipe Luis. Debo acordarme tamén do canteirán Parejo que parece voltará a próxima tempada, de tanta calidade como inconstancia no seu xogo, aínda que o meu parecer desenvolvese moito mellor máis cerca da área cos anteriores.Dos infrautilizados Granero, Canales e Pedro León falaremos noutra ocasión.

Sinalar dous apuntes, que o Real Madrid se lle escapou un canteirán como Borja Valero que creceu a pasos axigantados nos últimos anos é que sería un gran complemento para crear futbol na medular e o ahora retirado Rubén de la Red, que sería o acompañante  perfecto para Xabi Alonso e que tivo que marcharse para o Getafe para gañar unha Eurocopa mentras vía que o clube pagaba 24 millóns de euros por Gago, coñecedora é a xente do meu disguto con Gago, un xogador que non lle chegaba a un taco da bota de Rubén pero como era arxentino, xa era mellor, para o señor Capello e a dupla Pedja-Calderón.
 Non dubido  que o Real Madrid lle interesen eses dous xogadores que si non é así debería facelo, xa que ocupan dous postos que necesita mellorar o clube da Castellana, pero que o presidente blanco pague esa cantidade de diñeiro por dous xogadores que non dan o seu perfil de mediáticos vese imposible, ademáis de ser un precio totalmente fora de mercado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario