jueves, 22 de marzo de 2012

Acábase a gasolina.

Non debemos perdernos nas neboas dos árbitros, o meu parecer o problema do Real Madrid é físico. O equipo pasou de ser super a diesel e eso estase a notar.



Xabi Alonso non está no seu mellor momento e con el arrastra a todo o equipo. Un resto do equipo que sufre o mesmo problema ca o tolosarra. Pepe, Ramos ou Marcelo entre outros tampouco andan moi finos. Arbeloa tanto do mesmo e a el aínda se lle nota máis.

Pode ser fruto da preparación pero a miña cabeza non pensa eso. Moitos xogadores levan moitos minutos e o ritmo do equipo baixou nas últimas xornadas. E claro ahora tocaralle xogar os que non tiveron apenas oportunidades e sin o ritmo adecuado.

Co Raio, Betis e Cska xa xogáramos con lume. E o día que menos o merecemos queimámonos co Málaga, pero non tiña por que pasar nada. Non se ía gañar sempre.

Onte Mou decidiu apostar polo trivote , non sei porque, o equipo necesita o balón para non ter que correr por detrás del. Si quería dar descansos podía optar xa de saída por Callejón, o final tivo que facelo. Pero el saberá como anda o equipo.

Ademáis adiantamonos no marcador e deixamonos ir, cando o Vilarreal xa era un alma en pena, ese foi o gran erro e onde se vio que andamos floxos. Meses atrá o equipo vía a sangue e arrasaba, ahora tira para atrás. O Vilarreal contra nove non atacou e incluso se asustou.


Máis grave pareceme a ida de cabeza da xente co empate.  Quedaba tempo, por certo Casillas cantou algo no gol. Non  poden desesperarse que son xentiña que gaña moito diñeiro para pasar por situacións similares.

Comenzou Mou, cando tiña que estar máis frio abandonou o equipo, como o fixera o día da famosa expulsión de Pepe en Champions, neses momentos quentes é cando hai que tomar decisións. A veces no basket provocas unha técnica para trocar o equipo pero onte non era o día para eso.

O problema é que arrastrou o equipo con el. Os árbitros son persoas e equivocanse, ademáis son influenciables e algúns gustan do protagonismo. Hai que estar atentos a esas cousas.

O Barsa e Pep lanzaron un mensaxe para desestabilizar e sembrar dúbidas nos árbitros e parece que xurde efecto. Xa que este mesmo colexiado permitiulle todo a San Pep no seu día en Pamplona e tamén o seu lugartenente Xavi, onte estaba máis quisquilloso, pero non debemos esconder os erros neles.

A todo esto o Real Madrid sigue seis puntos por encima, ou eso penso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario