viernes, 10 de agosto de 2012

Fisober na XXII Copa Xunta.


Nota de prensa do Fisober

O Fisober FsF disputará a XXII edición da Copa Xunta como Campión de Liga Autonómica.



A competición disputarase entre os meses de agosto e setembro e participarán un total de 10 equipos, 4 equipos de División de Honra, 4 de 2º División e o Campión e Subcampión de Autonómica.

O equipo vimiancés quedou encadrado no Grupo A xunto co Ponte Ourense SAD e co Poio FS,

O equipo ourensano esta tempada quedou 5ª clasificado na División de Honra e conta nas suas filas con varias internacionales ca selección española de fútbol sala asi como internacionales ca selección brasileña. É o actual campeón da Copa Xunta e na tempada 2010/11 foi o campeón da Liga española.

O Poio FS quedou 4º clasificado na 2ª División e nas suas filas militan varias xogadoras internacionales ca selección portuguesa, asi comocon xogadoras procedentes de distintos equipos de fora de Galicia.

Grupo B: Burela, Valdetires de Ferrol e Viaxes Amarelle

Grupo C: Cidade de As Burgas, Leis Pontevedra, A Fervenza e Concello de Mos

No hay comentarios:

Publicar un comentario