domingo, 14 de octubre de 2012

Muxía - Castrelo. 4-1.


MUXÍA : José Antonio, Peski, Martinciño, Pataca ( minuto 46 José Manuel ), Currás, Julián  (minuto 69 Dimas ), Adrián Negro ( minuto 62 Juan Prado ), Santi Papi, David ( minuto 78 Carrera) ), Iván  Lagoa ( minuto 76 Casais ) e Albertiño.



CASTRELO : Roberto, Luís, Sergio, Kevin, Andrés, David (Edreira, min.46), Manolo, Jota, Litos, Estebo, Bolli.

GOLES : 1-0 minuto 27 Adrián Negro , 1-1 minuto 36 Litos de penalti, 2-1 minuto 40 Pataca,  (descanso ), 3-1 minuto 49 Martinciño, 4-1 minuto 78 Casais.


Pouco que destacar do partido nunha pouco apacible tarde  na Arliña, no que o mellor para o Muxía foi o resultado ante un rival que pouco inquedou.

Comenzou o Castrelo co vento a favor e froito deso Litos tentou sorprender dende lonxe a José Antonio os cinco minutos, e deulle un susto.

Aínda co vento en contra o dominio correspondía o Muxía sobre a maltreita herba da Arliña. Os 17 minutos un balón o espazo chegaba a Iván Lagoa que superaba  por encima o porteiro na súa errónea saída pero coa desgracia que botaba demasiado e pasaba por encima do longueiro tamén.


Ata que os 27 minutos Adrián Negro aproveitaba un balón no área para poñer en vantaxe os locais.

Seguiu o dominio local , pero un balón longo e a indecisión do porteiro e da defensa provocou que o balón chegara prácido a Litos que provocaba penalti, os visitantes reclamaron tamén expulsión. O mesmo Litos encargouse de transformalo para poñer o empate os 36 minutos.


Os corenta minutos froito aínda do cabreo do gol visitante o xogador local Pataca probou sorte dende lonxe e o seu disparo foise o longueiro e tocou un pouco no porteiro para mandar os seus o tempo de lecer en vantaxe.

Na segunda metade co vento a favor o Muxía dominou totalmente o partido  pero sin moito xogo e os visitantes apenas inquedaron a un José Antonio inedito nesta segunda metade.


No minuto 49 Martinciño pescou un balón na frontal para poñer o tranquilizador 3 a 1.

Dende aquí os xogadores  locais fixeron a guerra pola súa conta na busca do gol sen conseguir nada de proveito.


Solo no minuto 78 Casais que apenas levaba un par de minutos no campo poñía o cuarto gol local.

O Muxía conseguiu un bo resultado pero non gustou como en xornadas anteriores e da a impresión de ter moitos xogadores renqueantes lonxe do seu mellor estado físico, ahora que lle toca xogar contra 3 equipos debutantes. Castrelo esta semana e nas próximas, Baiñas e Ameixenda.


Sinalar que Cabejo foi o que dirixiu os locais xa que Papi non podía nesta xornada. E que o árbitro adicouse os primeiros minutos a andar máis atento a si había xente que non debía nos banquillos, que si non podía haber entre banquillos nin a menos de 15 metros deles en vez de atender o que realmente importa que é o xogo. Nun partido que foi moi tranquilo.




Datos do Castrelo gracias a Ubaldo QPC.

No hay comentarios:

Publicar un comentario