domingo, 25 de noviembre de 2012

Fisober B - C.D. Mabegondo. 1-0.


LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO” – C.D. MABEGONDO. 1-0.

FISOBER B : Martina, Iria, Paula, María e María Maroñas ; tamén xogaron : Noe, Cris, Mónica e Laura.


C.D. MABEGONDO : Isa, María, Alba, Eva Lago e Angela ; tamén xogaron : Bibi, Melissa e Ana.

GOLES : O descanso 0-0 ; 1-0 María.

Árbitro e crono : Emilio Losada e Yayo Pájaro.

O filial do Fisober conseguía a segunda vitoria da tempada baseándose no bo traballo defensivo  e na súa porteira Martina, foron quen  por primeira vez en dúas tempadas manter a súa portería a cero.


O equipo visitante dominou o balón e o tempo do partido, pero as do filial adaptáronse ben a situación e buscaban saír a contra nas perdas de balón do Mabegondo.

Pasaban os minutos e o electrónico non se movía, e as ocasións tampouco eran demasiado claras para ningún dos dous equipos, que non sabían como botarlle o dente o entramado defensivo do correspondente rival. Solo as perdas e os erros en lugares críticos parecían cambiar o panorama pero sen chegar a concretarse.

Mediada esta primeira metade chegaron as mellores ocasións para as visitantes. Primeiro María os trece minutos e despois Bibi os dezaseis non eran quen de batir a Martina.

As locais tamén saían a contra pero nin  María, nin Cris acertaban ca portería contraria. Tampouco os   lanzamentos de Paula o conseguían.


O Mabegondo non lle sacaba froito o seu control do balón, xa que non conseguían  moita profundidade e os seus lanzamentos lonxanos non atopaban o froito do gol. Pero a corenta segundos do fin da primeira metade cando Eva Lago encarou a Martina e esta sacou unha man prodixiosa para evitar ir o descanso en desvantaxe.

A saída dos vestiarios parece que os equipos viñan con outras intencións. E así xa dentro do primeiro minuto a visitante Alba vía como o seu lanzamento se ía o pau.


As locais tamén deron un paso adiante e os tres minutos tiveron unha clara ocasión por medio de Mónica e María pero a porteira visitante Isa respostou ben con grandes paradas.

Parecía que aparecían os espazos en ambos ataques, e nunha desas a capitana local María aproveitou unha contra os sete minutos desta segunda metade  para ver como o seu forte lanzamento se lle escapaba a Isa e lograr o un a cero que o fin foi definitivo.

Dende este momento o partido volveuse tolo, apareceron nervios nas locais para aguantar o resultado e nas visitantes para conseguir levarse algo positivo. E ningún dos dous equipos era quen de trenzar e tranquilizar  as súas xogadas.


Aínda así tiña que aparecer de novo Martina ante a visitante María. Os minutos pasaban e pasaban e o ida e volta era constante, nin as locais eran capaces de definir nunha contra cun gol que lles acercara un pouco máis a vitoria , nin as visitantes conseguían facer o gol da igualada.

E claro isto beneficiaba as locais que seguían con vantaxe no electrónico. As visitantes decidían arriscar con ataque de cinco para levarse algo positivo de Vimianzo. A falta de catro para o fin voltou a aparecer unha parada de  Martina que de novo se atopaba con Eva Lago e de novo a súa gran intervención evitaba o gol da igualada.


Co ataque de cinco foron transcorrendo os minutos e o gol do empate para as visitantes  non daba chegado. O filial seguía disfrutando da súa vantaxe que chegou ata o final.

As xogadoras do Fisober B saltaron de ledicia cando o tempo chegou o seu fin  vendo como conseguían a segunda vitoria da tempada que lles debe dar folgos  na busca de mellorar pouquiño a pouquiño en cada partido. Nun partido no que o filial tivo varias baixas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario