domingo, 11 de noviembre de 2012

Fisober - Guarnizo. 3-4.


SEGUNDA DIVISIÓN

RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – GUARNIZO . 3-4.

FISOBER : Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Myrella, Noelia, Ylenia, Elsa, Eva e Olalla.



GUARNIZO : Marian, Raquel, Gabi, Amelia, Patri ; tamén xogaron : Reichel, Elena, Cristina, Isabel, Sandra , Henar.

ÁRBITROS : Héctor Vilas e Miguel A. Crestelo . Crono : Nicolás Vázquez.

GOLES : 1-O Barca, 2-0 Myrella, 2-1 Cristina , 2-2 Patri, 3-2 Nuria, ( descanso ), 3-3 Raquel, 3-4 Gabi.

O Fisober a piques estivo de facer os seus primeiros puntos na casa contra o novo líder  da clasificación , pero unha mala segunda metade e un gol a tres minutos e medio para o fin cando xogaban cunha xogadora menos condenounas, nun partido no que aínda así mereceron máis sorte.


Chegaban as cántabras con tres vitorias e solo unha derrota o “exilio” do Fisober en Baiñas, a xuntanza de palilleiras que vivía o pavillón de Vimianzo fíxoas emigrar.

E comezaron lanzadas as da Costa moi motivadas de saída, xa os catro minutos enviaba un balón o pau. E case a continuación desa xogada Barca atopaba un balón na área para facer o primeiro gol local.

Tentaron respostar as visitantes , primeiro por mediación de Gabi na contra dun saque de esquina  e despois cun tiro da Patri cántabra pero que detivo con solvencia  Paula.


Despois destes pequenos sustos chegaron os mellores minutos das locais cando nos acercábamos o intermedio desta primeira metade, un tiro de Nuria, un lanzamento de Patri o longueiro e un man a man no que Patri vío como Marian mandaba a saque de esquina.

E os nove minutos nese mesmo saque de esquina era Myrella a que establecía o segundo gol local. Aínda no minuto dez case a  Patri local  aumenta a vantaxe pero non foi quen de definir correctamente.

A resposta visitante foi case de seguido e entre Noelia e Paula foron quenes de neutralizar dúas claras ocasións do Guarnizo.

Os minutos foron pasando, sin un control claro por ningún dos dous equipos. Ata que no minuto catorce nun saque de esquina que parecía  Cristina reducía distanzas.

Pero o partido seguía tolo e solo un minuto despois un balón de Nuria para Ylenia  as costas da defensa visitante e esta última poñía a punteira pero vía como Marian desfacía a oportunidade. E case na replica era a visitante Patri a que empataba o partido no minuto dezaseis ante a incredulidade local de recibir dous goles con tan pouco.

Tocaba remar de novo as locais e así a muxiana Patri tiña unha ocasión coa replica visitante. Cando quedaban tres minutos para o tempo de lecer a porteira visitante cometía unha falta indirecta a que con tranquilidade transformaba Nuria despois de que lla  tocaran  para poñer de novo en vantaxe o Fisober.

Con este resultado e sen máis sobresaltos fóronse os equipos o vestiario.


Na segunda metade o Fisober non entrou tan ben no partido, e as visitantes tiñan ocasións máis por demérito das locais que polo xogo que desenvolvían. Eva comenzaba a ter máis traballo do debido o cal ía resolvendo ben.

Entretanto Nuria case consegue aumentar o tanteador. Ata que no oito da segunda metade Raquel aproveitaba un erro para igualar o partido e a visitante Patri a piques estivo de poñer as súas por diante.

Coa igualada no electrónico os dous equipos entroulles o medo a perder.


No minuto once unha xogada que pudo ser chave a cal foi moi protestada polas locais cando Barca era derribada cando encaraba a porteira , dentro ou fora do área, os colexiados entenderon que fora ela di que dentro, un lanzamento que Nuria non aproveitou.

Complicáronselle máis as cousas as locais cando tiveron que xogar os últimos dez minutos outra vez ca lousa das cinco faltas.  O igualque a semana pasada esto  foi un acicate para elas que dispuxeron dos seus mellores minutos nesta segunda metade nos cales Nuria, Patri e Elsa tiveron inmellorables ocasións para volver poñer por diante o Fisober, pero a sorte ou a puntería non estaban do seu lado .


Os últimos minutos xa eran unha ruleta rusa, e a visitante Gabi poñía de novo a proba a Eva. Ata que a falta de catro minutos  para o fin se produciu a outra xogada chave do partido , Ana cometía falta que ademais de ser dobre penalti era o seu segundo cartón amarelo coa conseguinte expulsión e o seu equipo xogaría cunha menos ata que pasaran dous minutos ou recibiran un gol.

O dobre penalti foi parado por Eva, pero cunha menos a tres e medio para o fin  Gabi aproveitou un erro infantil atrás das locais para poñer o definitivo tres a catro.


Co gol volvían a igualarse as cousas , as locais xogaban  con máis corazón que cabeza tentaron a igualada pero sen ideas claras e as visitantes defendéronse con solvencia e aínda puxeron en perigo a Eva a contra.

Chegándose así o fin nun partido no que as da Costa mereceron  máis fronte o novo líder da categoría , pero volveron a pagar a novatada.

Destacar que Myrella fixo o seu primeiro gol en Segunda División.


No hay comentarios:

Publicar un comentario