domingo, 11 de noviembre de 2012

Manureva - Fisober B. 8-1.


LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : MANUREVA – FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO”.8-1.

MANUREVA: Melania, Tati, Musta, Fani e Patricia ; tamén xogaron : Noa, Cristina, Alba e Cintia.

FISOBER : Martina, Iria, Paula, Laura e María Maroñas ; tamén xogaron : Inés, Cris, Noe, Mónica e Natalia.



GOLES :  Polo Manureva : Musta e Natalia con dous goles e un gol para Tati, Fani, Patricia e Alba. Polo Fisober marcou Inés, o descanso foise cun 3 a 1 no electrónico.

ÁRBITRO : Alfredo Trincado ; CRONO : Paula Garrido.

Mellorou algo a imaxe do filial do Fisober despois do mal partido realizado na semana anterior, e a pesares da abultada derrota, fixeron un mellor traballo defensivo axudados pola actuación da súa porteira  Martina. 

Pero non foron quen de poñer en ningún tipo de  apuros a un equipo moi superior  o cal non tivo a necesidade de facer nin unha sola falta en todo o partido.


Aínda así de saída as do filial aproveitaron unha falta de entendemento en defensa das locais nos primeiros minutos e puxéronse en vantaxe cun gol de Inés.

Ata doce minutos aguantaron por diante as do Fisober B, escudadas na súa porteira Martina. Pero despois esfumouse o espellismo .

O  tempo de lecer chegouse  cun 3 a 1 a favor das do Manureva. Un equipo con xogadoras de gran calidade entre as que destaca a bigoleadora  Musta, que chegou a xogar co Valdetires Ferrol na Primeira División e que no seu día foi compañeira das xogadoras do primeiro equipo do Fisober, Barca e Nuria.


A segunda metade foi co mesmo guión de dominio absoluto das do Manureva, e cun filial que se adicaba a defender a meta dunha inspirada Martina.

Nesta  segunda metade caeron cinco goles máis ata o oito a un definitivo.

A noticia negativa da tarde foi unha nova lesión para a xa chea enfermería do filial, desta vez tocoulle a Iria cun problema nun nocello, un Fisober B que espera recuperar algunha das mancadas esta semana que lle toca descansar na competición para voltar a xogar o próximo día 24 fronte o Mabegondo da ex do Fisober, Eva Lago

Imaxes do partido da tempada pasada disputado no Pazo dos Deportes de Arteixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario