lunes, 3 de diciembre de 2012

5 Coruña - Fisober B. 3-0.


LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : BeART 5 CORUÑA – FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” : 3-0.

5 CORUÑA : Vila, María, Raque, Leny e Gloria ; tamén xogaron : Aldara, Sofía, Helen e Ana.

FISOBER B : Martina, Iria, Paula, María e Inés ; tamén xogaron : Noe, Mónica, María Maroñas e Natalia.



ÁRBITRO E CRONO : David Ruiz e Fernando Barros.

GOLES : 1-0 Ana ; 2-0 Leny ; 3-0 Gloria ; todos eles na primeira metade.

Visitaba na tarde do sábado o filial do Fisober a pista do líder e a pesares da derrota amosou unha boa imaxe, sobre todo defensiva baseada na actuación da súa porteira Martina.

Saían algo nerviosas a pista  as da Costa o xogar contra o actual líder e dominador da competición xunto co invicto  Manureva.


As locais foron as que levaron en todo momento o peso do partido, e o filial tentaba saír a contra cando llo deixaban. Nos primeiros minutos apenas foron quen de facelo, pero o dominio local non lle creaba excesivos problemas a meta defendida por Martina.

Pasaban os minutos e as locais non eran quen de marcar. A mellor ocasión visitante nestes primeiros minutos foi unha contra levada por Inés quen cunha posibilidade  franca de lanzamento decidiu dar un pase máis en vez de lanzar a porta.

O equipo coruñés con xogadoras con moita experiencia sobre todo no fútbol e con pasado ou presente orzanista e algunha outra no futsal  como Leny a ex do Riazor ou Sofía ex do Ribadeo entre outras, non eran quen  de sorprender a Martina.


Ata que os catorce minutos Ana aproveitaba un balón perdido no área despois dun desafortunado rexeite  para rematar de cabeza e poñer por diante as locais. E como outras moitas veces entroulle o desacougo o filial.

Solo un minuto máis tarde unha combinación das locais rematou co segundo gol obra de Leny. E os dezaoito minutos foi Gloria quen no segundo pau e de maneira inverosímil facía o tres a cero que xa foi definitivo.

De novo uns malos minutos poñían unha lousa sobre o filial. E aínda puido ser peor xa que as coruñesas tiveron un libre directo o seu favor despois de que Martina tardase en sacar, que non aproveitaron xa que marcaron gol pero sen que nadie tocase, conseguintemente saque de porta.

Preto do intermedio tivo unha gran ocasión o filial cando un centro-chut de Paula o cal  non foi quen de pescalo Natalia no segundo pau por centímetros.

A volta do intermedio seguiu o dominio do 5 Coruña, pero parece que as da Costa quitáronse algo os complexos e tentaron combinar máis. Facendo que o partido fose un pouco máis entretido.

Así os catro minutos un lanzamento de Paula foise o longueiro. As locais seguían poñendo a proba a unha moi inspirada Martina que freaba calquera opción facendo paradas de  mérito.

Os minutos pasaban co mesmo guión. Incluso as coruñesas erraron unha ocasión clarísima. Pero as xóvenes xogadoras do Fisober tamén daban algún susto de vez en cando , como foi o caso dun balón que loitou Paula ata o final e o rexeite da porteira chegou a capitana María que disparou a rentes do pau.

Era curioso que a segunda parte que foi moito máis vistosa e con ocasións máis claras o balón non quixese entrar en ningunha das dúas porterías. As locais topábanse ca madeira e as últimas ocasións visitantes eran con tiros lonxanos.

Chegouse así o fin dun partido no que as locais foron mellores pero no que o filial deu a cara e na segunda metade tentou combinar e non rifou tanto o balón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario