domingo, 16 de diciembre de 2012

Calceatense - Fisober. 3-5.


SEGUNDA DIVISIÓN

RESULTADO : CALCEATENSE – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” . 3-5.

CALCEATENSE : Alaine , Rocío, Carla, Tania e Verónica ; tamén xogaron : Clio, Nuria, María e Andrea.

FISOBER : Eva, Patri, Ana, Barca e Myrella ; tamén xogou : Elsa.


Árbitros : Ernesto Cámara e Julio Sánchez ; Crono : Sara Rio.

GOLES : 1-0 Verónica, 2-0  Tania , 2-1 Barca, 2-2 Patri, ( descanso ), 2-3 Barca, 2-4 Elsa, 2-5 Barca, 3-5 Carla.

Un Fisober que viaxou A Rioxa lastrado pola  praga de baixas e con solo seis xogadoras sobrepúxose a circunstancia e o dous a cero inicial para remontar o partido e traer os tres puntos para a Costa despois dun esforzo titánico, amosando a súa boa xeira  a domicilio onde gañaron nas tres últimas saídas.


Non podía ser peor  a saída a pista para as visitantes xa que un lanzamento de Verónica se convertía no un a cero os poucos segundos do comenzo.

O Fisober non se atopaba cómodo na pista, non eran  quen de aclimatarse a ela  e era superado unha e outra vez polas rioxanas. Así os cinco minutos unha combinación local servía para que Tania fixera o dous a cero. Daba a impresión que o partido podía ser un pesadelo para as poucas xogadoras do Fisober.

Pero co paso dos minutos foron serenándose e  tentando facer o seu xogo habitual. Así os oito minutos  unha boa  xogada acabou cun lanzamento cruzado de Barca que se foi lambendo o pau e o cal tampouco  chegou Patri no segundo pau por centímetros.


Pero as locais seguían chegando co seu xogo directo. Os nove minutos un lanzamento de Carla foise o pau e pouco despois a mesma Carla tiña outra clara ocasión.

Todo mudou cando os doce minutos Barca aproveitaba un balón para facer o dous a un. Serviu para serenar aínda máis as da Costa e asustar as rioxanas. E así foi porque o dominio cambiou de bando e comenzaron a chegar as ocasión visitantes.

Ana tiña dúas ocasións con dous lanzamentos dende a frontal en poucos minutos que foron desbaratados pola porteira. E a tres para o fin eran Myrella e Patri as cales non eran capaces de marcar.


Pero a dous para o fin desta primeira metade , foi Patri a que nun lanzamento de falta dende a frontal poñía a igualada no electrónico ca que se chegou o tempo de lecer.

E a volta o Fisober seguiu o seu e os dous minutos de novo Barca era a que facía o terceiro e volteaba o marcador. Pouco despois unha xogada individual de Patri era freada pola porteira local e evitaba que se aumentara o marxe.

A resposta local foi por parte de Carla. Pero de novo Patri tiña unha inmellorable ocasión aínda que  non era quen de definir correctamente  ante a porteira.


Os minutos pasaban e o Fisober atopábase moi cómodo co seu xogo e co seu papel. Aínda así as locais lanzaban perigosos zarpazos e foron Verónica e María as que tiñan ocasións para elas.

A falta de nove minutos  Patri de novo tiña unha inmellorable oportunidade pero non acertaba co gol. E foi despois desta ocasión cando as locais tentaron cambiar o dominio no xogo e no marcador do Fisober optando con Carla como porteira-xogadora.

Algo que de novo aproveitou o Fisober. Xa que a sete para o fin unha contra do Fisober foi finalizada por Elsa para poñer o 2 a 4. As da Costa  atopábanse cómodo defendendo o ataque de cinco e as mellores ocasións eran súas. As locais foron aínda máis directas e un cabezazo de Tania puxo en serios apuros a Eva.


Pero o Fisober non estaba disposto a perdoar e unha nova contra era finalizada por Barca para poñer o dous a cinco e o terceiro gol na súa conta a solo tres para o fin.

As locais decidiron  voltar a normalidade e deixar a situación de porteira-xogadora. O Fisober aínda puído aumentar máis o electrónico cunha dobre ocasión de Barca e Patri.

Foron as locais as que reduciron o oco cun gol de Carla a dous para o fin. O Fisober tentou tocar e conservar balón para chegar con tranquilidade a bo porto.


Aínda tocaba sufrir xa que a trinta segundos para o fin os colexiados sinalaron un discutido penalti moi protestado polas visitantes.  Eva foi quen de paralo deixando que os últimos segundos foran máis tranquilos e traendo tres novos puntos para a Costa.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario