martes, 25 de diciembre de 2012

Fisober - Ordizia. 1-5.


SEGUNDA DIVISIÓN

RESULTADO : FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO “ – ORDIZIA : 1-5.

FISOBER : Eva, Patri, Ana, Barca e Myrella ; tamén xogaron : Nuria, Olalla, Ylenia.



ORDIZIA : Itzi, Tania, Oli, Iza e Peke ; tamén xogaron : Maite, Nai, Ane e Seti.

ÁRBITROS : Oliver Cardero e Fidel González ; Crono : Nicolás Vázquez.

GOLES : 1-0 Nuria , 1-1 Iza, 1-2 Oli, 1-3 Oli ( descanso ) , 1-4 Maite, 1-5 Maite.

Sigue o maleficio do Fisober como local, aínda non puntuou na casa en Segunda División, despois do último  partido oficial deste ano  xogado o  sábado no  que soportou demasiado castigo para o partido realizado. 
De todas formas pecha un ano 2012 histórico, con título de LigaAutonómica, ascenso a Segunda División ,  subcampeonato de España subcampeonato de Copa Autonómica .

O partido  arrancou  cos típicos minutos de tanteo entre os dous equipos no que ningún dos dous se achegaba con excesivo perigo a meta do outro.


Ata que os cinco minutos a visitante Iza puxo en apuros a meta defendida por Eva. Parecía que os dous equipos levantaban a cancela  e pretendían chegar con máis perigo.

As locais comenzaron a ter un xogo moito máis fluido e así foi como unha xogada por banda de Nuria non era quen de rematala por centímetros  Barca no segundo pau. Mediada a primeira metade era Nuria quen se atopaba un balón morto no área pero Itzi adiviñaba as súas intencións.

Un minuto despois si que non erraba Nuria, roubaba un balón en media pista , prantábase ante Itzi e facía o primeiro gol do Fisober. Lonxe de pecharse as locais deron espazos e seguiron co seu xogo alegre, quizais foi un erro.

Pouco lle durou a ledicia as locais xa que nun balón o pivot dous minutos despois foi Iza a que igualaba a reviravolta. Tentaron respostar as locais por medio de Myrella , pero as que se puxeron por diante foron as vascas cun gol de cabeza de Oli.


Todo empeorou nese mesmo minuto xa que de novo Oli marcaba a pracer. En dous minutos as locais vían como se lles poñía moi costa arriba o partido.

Malos minutos e un pequeno descontrol das locais que non foron quen de aproveitar as visitantes para aumentar a conta. Aínda así Ana tivo unha boa ocasión para reducir vantaxe.

A falta de tres minutos para o fin os colexiados sinalaban penalti despois dunhas mans de Ana. Pero Eva adiviñaba as intencións de Maite e paraba o seu segundo penalti consecutivo en dúas xornadas. Conseguindo que se chegara con ese resultado o tempo de lecer.


Na segunda metade voltou o  xogo vistoso  das locais. Que percutiron unha e outra vez na meta defendida por unha moi inspirada  Itzi. As de Ordizia arroupadas polo electrónico saían en perigosas contras a busca de finiquitar o partido.

E así foi como Maite poñía os cinco minutos un desesperanzador un a catro. Lonxe de virse abaixo as do Fisober , ofreceron os seus mellores momentos e xeraron moitas  ocasións.

Unha e outra vez atacaban as locais e unha e outra vez se atopaban con Itzi. Barca non atopaba o seu gol de todas as xornadas e vía como lle sacaba dúas claras ocasións.  Os minutos pasaban e non daba chegado o gol que acurtara distancias.


A falta de seis para o fin era Nuria a que dispoñía dunha dobre ocasión, pero o balón non quería entrar. Foi a tres para o fin cando Barca tampouco era quen de marcar.

E claro como o Fisober non aproveitou para reducir distancias foi a visitante Maite a que poñía a dous para o fin o definitivo un a cinco.

Neste momento si baixou os brazos xa o conxunto local ante un resultado demasiado abultado para o visto sobre a pista de xogo.

O Fisober voltará a competición o vindeiro 19 de Xaneiro como local buscando os primeiros puntos na casa  fronte o Txantrea navarro.

Dende o Fisober F.S.F. queremos desexarlles unhas Felices Festas de Nadal  e un próspero Ano 2013 .

No hay comentarios:

Publicar un comentario