lunes, 23 de septiembre de 2013

Fin de semana de amigables !

O Fisober e o seu filial disputaron amigables este fin de semana, o primeiro equipo fronte o Marcón e o filial fronte o Portosín.

No partido entre o Fisober B e o Portosín o resultado foi de 4 a 2 favorable as de Portosín.

O Fisober B formou cunha mestura de xogadoras do B e algunha xogadora do equipo infantil que este ano competirá na Liga Galega Infantil pero que a vez se foguearán no equipo filial. O Portosín é un equipo novo na categoría Provincial con xogadoras que proveñen na súa maioría do fútbol.

Fisober B : Anabel, Paula Fandiño, Andrea, Alejandra e Laura ; tamén xogaron : Noe, Nuriña, María Lijó e Lucía.

Goles : 0-1, 1-1 Paula Fandiño, 1-2 , ( descanso ), 1-3, 2-3 Paula Fandiño, 2-4.

Pola súa banda o primeiro equipo disputaba o seu amigable fronte o Marcón pontevedrés actual campión de Copa en Liga Autonómica e un dos grandes favoritos o título nese categoría. O resultado foi de 3 a 2 para o Fisober nun partido moi disputado e igualado.

Fisober : Eva, Patri, Inés, Noelia e Raquel ; tamén xogaron : Nuria, Elsa, Ana e Anabel.

Goles : 1-0 Patri, 2-0 Elsa, 2-1, ( descanso ), 2-2, 3-2 Raquel.

O vindeiro sábado o Fisober disputará o seu último partido de Copa Xunta fronte o Funeraria Apóstol de Santiago actual campión de Liga Autonómica, como previa o arranque de Liga que será o primeiro fin de semana de Outubro tanto en Segunda División como en Liga Provincial para o filial, o equipo infantil aínda terá que esperar o comenzo de Liga.

O Fisober  comenzará como local cun derbi fronte A Fervenza , mentras que o filial farao fronte o Estradense un equipo novo na categoría pero do que din que se conxuntou con xogadoras de moi superior categoría.

Fotografías propias e Familia Fandiño Trillo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario