lunes, 28 de octubre de 2013

A Baña- Fisober B. 0-4.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : A BAÑA – FISOBER “B” F.S.F. : 0-4.

A BAÑA: Eva, Anabel, Rocio, Nerea e Marta ; tamén xogaron : Tania, Lucía, Daniela, Andrea, María Maroñas, Celsa e Estefanía.

FISOBER B : Anabel, Noelia, Andrea, Paula Fandiño e Laura ; tamén xogaron : Alejandra, Natalia, Tamara e María Lijó.


ÁRBITRO : Julio de la Iglesia ,   CRONO: María Rey.

GOLES : 0-1 Alejandra, ( descanso ) , 0-2 Paula Fandiño , 0-3 Laura, 0-4 Laura.

O Fisober B emulou o primeiro equipo e tamén gañou a domicilio, acadando algo que non se recordaba en tempo , que os dous equipos gañaran na mesma xornada. Terceira vitoria consecutiva do filial e durmirán na terceira posición da clasificación ata quese reanude a Liga.

Do partido pouco que dicir o filial enfrontábase a un dos equipos novatos da categoría A Baña  onde milita a súa ex – xogadora María Maroñas. Como dato destacable defenderon a porta local a filla Eva e a nai Celsa.

O dominio do balón foi do Fisober B e apenas pasaron apuros en defensa, pero realizaron un frouxo encontro e deberán mellorar en próximas datas nas que entran na parte esixente do calendario.

O tempo de lecer chegouse con vitoria pola mínima do filial , grazas a un gol de Alejandra. As locatarias defendéronse  ante as embestidas das visitantes.

Na segunda metade chegaron tres goles máis do filial que mellorou un pouquiño a actuación da primeira metade , un obra de Paula Fandiño e dous máis por parte da capitana Laura que se estreaba esta tempada como goleadora.

A vindeira semana a liga descansa e o filial volta a competición o día 9 enfrontándose como locatario o Grupo Work outro equipo cheo de xuventude e que está acadar moi bos resultados.

Fotografías Familia Fandiño Trillo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario