lunes, 21 de octubre de 2013

Fisober B - Villa de Cee. 6-4.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – VILLA DE CEE. 6-4.

FISOBER “B” : Martina, Paula Fandiño, Noelia, Andrea e Laura ; tamén xogaron : Natalia, Tamara, Inés, Alejandra, María Lijó e Anabel.


VILLA DE CEE : Adriana, Ana Trinidad, Andrea Romero, Tati e Sandra ; tamén xogaron : Andrea Muiño, Raquel, Claudia e Belén.

ÁRBITRO :  Jose Rey       .       CRONO: Inma Silva.

GOLES : 1-0 Paula Fandiño ; 2-0  Paula Fandiño; 3-0 Natalia ; 3-1 Ana Trinidad ; 3-2 Andrea Romero ; ( descanso ) ; 4-2 Inés; 5-2 Paula Fandiño; 6-2 Alejandra ; 6-3 Andrea Romero; 6-4 Tati.

Na tarde do sábado enfrontábanse por primeira vez na historia en partido oficial o Fisober B e o Villa de Cee e a vitoria foi para as locais neste derbi costeiro. Merecida vitoria local que leva dúas consecutivas, xa non se recordaban, ante un Villa de Cee en clara melloría, unha pena o aprazamento do partido do primeiro equipo que permitiría un gran colofón o derbi.

O partido comezou co dominio local e cas visitantes esperando a media pista para tentar saír a contra. Os dous equipos cos nervios típicos dun derbi e de conxuntos cheos de xuventude.

Os seis minutos un lanzamento da local Paula Fandiño servía para adiantar as súas e certificar o dominio cun gol. As locais xogaban cada vez un pouco máis tranquilas pero sen impoñer moito ritmo o partido.

As visitantes tentaban roubar e saír a contra , así o fixo Ana Trinidad os once minutos cun lanzamento o pau. Os catorce minutos un lanzamento de esquina executado por Paula Fandiño rozou en Andrea Romero e supuxo o segundo gol local.

Case deseguido a local Inés nunha xogada individual estivo a piques de conseguir o terceiro. O partido converteuse nun ida e volta e Andrea Muiño tivo unha clara ocasión de gol. Pero a resposta local os quince minutos, levou  de novo o balón os pés  de Inés,  a súa xogada rematou cun balón rexeitado que Natalia aproveitou para poñer o cero a tres.

Con esa claridade no electrónico as locais entroulles a habitual páxara   e chegaron ocasións para as visitantes a contra. No minuto dezasete Ana Trinidad aproveitou un erro do filial para por o tres a un. E cando se chegaba o último minuto da primeira metade a ex  xogadora do Fisober  Andrea Romero facía o tres a dous co que se chegaba o tempo de lecer.

Volvían a poñerse as pilas a saída dos vestiarios as locais e os catro minutos da reanudación  Inés poñía o catro a dous. Non se rendían as visitantes e Ana Trinidad dende lonxe topaba ca trabe. Aparecían ocasións en ambas áreas.

Tamén desperdiciaba un man a man a capitana local Laura e tamén topaba co pau a local Paula Fandiño. Unha Paula Fandiño que a catorce para o fin e de novo con rexeite en Andrea Romero facía o cinco a dous.

E solo dous minutos despois era Alejandra  a que facía o seis a dous para as locais, por certo unha Alejandra que marcaba o seu primeiro gol en Provincial.

Con este resultado as locais voltaron a relaxarse e as visitantes decidiron arriscar máis, pero curiosamente o perigo visitante seguía a chegar a contra. A sete para o fin era Andrea Romero a que facía o terceiro gol para as do Villa de Cee. E a catro para o fin nun lanzamento cruzado Tati facía o definitivo seis a catro.

Dende aquí ata o fin tensión por un resultado máis axustado e as visitantes utilizando moitas veces o ataque de cinco que non resultou.

Moitos detalles  a destacar do partido por parte do filial do Fisober ,  a cordialidade do derbi, que as xogadoras e adestradores locais luciron un lazo rosa en apoio o  " día mundial  contra o  cancro de mama ". Tamén é curioso o enfrontamento entre pai e filla, Mon Lijó directivo do Villa de Cee e a infantil María Lijó que milita no Fisober ou o  primeiro gol de Alejandra como xogadora do Fisober  e na categoría Provincial.

Crónica do Villa de Cee.



No hay comentarios:

Publicar un comentario