lunes, 18 de noviembre de 2013

Bilbo - Fisober. 3-1.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : BILBO – FISOBER F.S.F. : 3-1.

BILBO : Jou , Aroa, Esti, Eva e Laura; tamén xogaron : Vicky, Almu, Isa, Ixone, Lore e Dani.

FISOBER : Eva, Patri, Nuria, Ana e Raquel ; tamén xogaron : Elsa, Myrella, Noelia e Inés.


ÁRBITROS : Guillermo González e Iker de la Hoz  CRONO: Alazne Sancho.

GOLES : Chegouse co resultado de 0-0 o descanso ; 1-0 Ixone, 1-1 Nuria, 2-1 Aroa, 3-1 Ixone.

O Fisober fixo o sábado en Bilbao  o mellor partido da tempada e a piques estivo de traerse algo positivo da súa visita o líder invicto Bilbo.

Decidiron as galegas xogar de ti a ti as vascas o que faría o partido moito máis atractivo.

As locais mostráronse sorprendidas pola presión a toda pista das visitantes. Nos primeiros minutos non eran quen de superalas con facilidade. Aínda así a local Laura dispuxo dun tiro o pau o pouco de comezar o partido.

O esforzo titánico que estaban a facer as da Costa tiña os seus froitos, o líder Bilbo non era quen de ler o partido e non chegaba coa solvencia que viña mostrando en  partidos anteriores, tiñan un promedio de sete goles a favor por partido.

Enorme o  esforzo de todas e cada unha das xogadoras do Fisober, dende a primeira ata a última, intensas en defensa e ataque, indo a buscar o rival a campo contrario. As ocasións máis claras do Fisober nesta primeira metade foron para Nuria e Inés que non atoparon o  gol por moi pouco.

Así pasaban os minutos e o electrónico non se movía, a pesar de que os dous equipos gozaran de boas  ocasións chegouse con cero a cero o tempo de lecer.

A volta de vestiarios o guión foi o mesmo , pero co paso dos minutos as da Costa comezaban a notar o esforzo e xa non creaban en ataque o mesmo perigo que na primeira metade e en defensa comezaban a recibir algunha ocasión máis.

Con todo iso os minutos pasaban e as locais sufrían xa que non vían a maneira de adiantarse no marcador ante o gran partido que estaba a realizar o Fisober.

Ata que a doce para o fin por fin Ixone atopaba un oco e adiantaba o Bilbo no marcador. Pero pouco lle durou a ledicia xa que nese mesmo minuto a visitante Nuria aproveitaba a súa oportunidade para poñer a igualada de novo no marcador.

Así se entraba nos últimos dez minutos do partido, cun partido con empate a un e con dous equipos deixando todo sobre a pista.

A oito para o fin unha xogada chea de rexeites deixoulle un balón a Aroa que puxo o dous a un a favor das locais.

As forzas do Fisober , fraqueaban ante o esforzo realizado pero seguían sen rendirse, buscando a súa oportunidade para levarse algún punto de volta a casa.

O partido case finou a tres para o fin cando de novo Ixone marcaba para por o definitivo tres a un no electrónico. Xa non foi quen de atopar o gol o Fisober e así se chegou o fin do partido.

A pesares da derrota o Fisober vendeu moi cara a súa pel, e amosou que se as súas xogadoras saen concentradas e o deixan todo  son capaces de complicarlle o partido incluso o mellor equipo da Liga.





No hay comentarios:

Publicar un comentario