lunes, 11 de noviembre de 2013

Fisober - Flavióbriga. 7-2.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – FLAVIÓBRIGA . 7-2 .

FISOBER : Eva, Patri, Ana, Noelia e Myrella ; tamén xogaron : Elsa, Nuria, Olalla, Raquel e Anabel.


FLAVIÓBRIGA :  Claudia, Ana, Cyntia, Olatz e Nuria ; tamén xogaron : Marta, Paula, Yaiza e María.

ÁRBITROS : Borja Darriba e Pablo Fernández ; CRONO : Lucía Darriba.

GOLES : 1-0 Patri, 1-1 Cyntia , 2-1 Nuria, 3-1 Raquel ; ( descanso ) , 4-1 Nuria, 5-1 Patri, 6-1 Elsa, 7-1 Elsa , 7-2 Paula.

O Fisober xogaba en  Dumbría , debido a que en Vimianzo se celebraba a concentración de palilleiras, e acadou a terceira vitoria da tempada ante o Flavióbriga cántabro, como previa da visita o intratable líder Bilbo da próxima semana.

O Fisober levou o dominio  dun encontro no que as visitantes esperaban en media pista na busca de algunha contra que lles servira para chegar o gol.

Os tres minutos xa  era Patri a que facía un  primeiro gol que  puña en ventaxa as locais.

A pesares do dominio debían ter coidado a contra visitante e así foi,  xa que os seis minutos un balón longo chegou a visitante Cyntia que lanzaba e tralo rexeite nunha xogadora local igualaba o electrónico.

As da Costa  non desesperaron con ese gol e continuaron co dominio sobre a porta visitante. Así foi como Nuria os nove minutos acadou o segundo gol do Fisober e voltou a poñer en vantaxe as súas.

Tan solo dous minutos despois era Raquel a que facía o terceiro gol para as da Costa, poñendo un colchón de dous goles  sobre as rivais.

O Fisober sen realizar un bo xogo, chegaba unha e outra vez sobre a porta rival e percutía unha e outra vez sobre o portal  de  Claudia que estaba evitar un resultado maior. Ocasións de toda clase para case todas as xogadoras do Fisober e incluso dous tiros o pau de Ana.

As visitantes apenas puñan en dificultades a unha Eva que debía estar atenta as posibilidades de balón largo ou algunha esporádica contra. Parecía incrible que non se chegara cun resultado maior o tempo de lecer.

Un tempo de lecer que non lles sentou nada ben o Fisober. A volta de vestiarios  seguiu dominando a un Flavióbriga que seguía esperando no seu campo as súas opcións, pero as locais  saíron  sen a tensión que tiñan  na primeira metade.

Iso mostrouse no xogo xa que nin lles creaban , nin apenas  crearon ocasións nestes primeiros minutos da segunda metade, parecían contaxiadas polo ritmo das visitantes.

Mediada esta segunda metade parece que espertaron algo as xogadoras do Fisober  e tentaron voltar a impoñer un certo ritmo o partido e pechalo definitivamente.

As ocasións chegaban pero nin no número nin ca claridade da primeira metade aínda así o resultado seguía a ser perigoso, un gol podía igualar o partido demasiado. A ocasión máis destacada foi un lanzamento o pau da local  Myrella.

Todo cambiou cando a cinco para o fin Nuria poñía o catro a un e mataba definitivamente o partido. Parece que todo o que non quixo entrar antes ia entrar agora.

Xa que a catro para o fin Patri facía o quinto. E solo un minuto despois un lanzamento de Elsa golpeaba nunha rival e facía o sexto. E con puntualidade Suiza un minuto despois a mesma Elsa facía o sétimo gol local.

A piques de chegar o último minuto un lanzamento lonxano da visitante  Paula sorprendía a porteira local   Anabel que estaba a xogar os seus primeiros minutos en Segunda División.


Co sete a dous definitivo chegouse o final dun  partido que o Fisober dominou de principio a fin pero no que non acadou o seu mellor xogo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario