lunes, 2 de diciembre de 2013

Fisober - Calceatense. 2-4.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – CALCEATENSE : 2-4.

FISOBER : Martina, Patri, Ana, Noelia e Raquel ; tamén xogaron : Elsa, Inés, Nuria e Olalla.


CALCEATENSE : Alaine , Rocío, Tania, Carla e Verónica ; tamén xogaron : Nuria e Tamara.

ÁRBITROS : Jorge Varela e José Ángel Vilas ; CRONO :  María Jesús Mallo.

GOLES : 0-1 Carla, 0-2 Carla, 1-2 Nuria, 2-2 Patri , ( descanso ) , 2-3 Carla, 2-4 Tania.

O Fisober recibía o sábado en Vimianzo o Calceatense tentando  sacar algo positivo e acercarse a parte nobre da clasificación pero as visitantes foron máis efectivas e leváronse os tres puntos. Quedaba claro que non foi o fin de semana do Fisober.

As baixas na portería por lesión de Eva e Paula, esta última leva lesionada dende a pretempada, provocaron o debut de Martina unha das porteiras do filial na categoría.

O Fisober non entrou ben no partido e non xogou ca intensidade que o fixera en Bilbao no seu anterior partido.

As visitantes tentaban aproveitar algunha contra para adiantarse ou aislar a súa pivot no un para un e dende  esa posición de vantaxe propiciar o ataque.

E funcionoulles xa que Carla lograba adiantar as súas. Tocáballe remar contra corrente o Fisober. E peor se puxeron as cousas cando nunha contra de novo Carla marcaba e poñía o cero a dous no electrónico.

Parece que nese momento decidiu cargarse as pilas o Fisober e dar un pouco máis. Comezaron a chegar as ocasións e a porteira visitante Alaine comezaba a ser protagonista.

Así a oito para o fin  desta primeira metade Nuria aproveitaba un balón para poñer o un a dous.

E a catro para chegar o tempo de lecer era Patri a que voltaba a igualar o electrónico. Apareceron máis ocasión para as locais e algunha para as visitantes pero con dous a dous chegouse o tempo de lecer.

A segunda metade aparecía co mesmo guión ca primeira. Pero todo trocou cando Carla a dezaseis para o fin facía o seu terceiro gol.

Voltaban a estar por detrás no marcador as da Costa e a ter que remar. Seguiron dominando e con ocasións , pero quizais xogaron demasiado precipitadas polas ansias de igualar o tanteador.

Segundo ían pasando os minutos máis protagonista se facía Alaine que non lle daba opción de gol o Fisober. A máis clara para Raquel que non foi quen de superala no man a man.

A falta de dous minutos para o fin o Fisober decidiuse polo ataque de cinco con porteira-xogadora, e conseguiron un oco para unha  Inés  que tampouco foi quen de superar  a porteira.

A corenta segundos para o fin Tania recuperaba un balón e poñía o definitivo  dous a catro sen porteira.

A pesares de non facer un bo xogo e de xogar demasiado ansioso o Fisober mereceu máis ante un Calceatense que xogou tranquilo e aproveitou as súas oportunidades.


A liga agora descansa aínda que o Fisober xogará o día 14 o seu partido aprazado fronte o 4 Arcos Logroño.

Imaxes de partidos anteriores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario