lunes, 9 de diciembre de 2013

Troula - Fisober B. 2-9.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : TROULA – FISOBER F.S.F. “B” : 2-9.

TROULA: Estefanía, Gloria, Noelia, Silvia e Olaya ; tamén xogaron : Sandra, Susana, Sarela e Yvone.

FISOBER B : Martina, Andrea, Paula Fandiño, Tamara e Laura ; tamén xogaron : Inés e Anabel.


ÁRBITRO : Álvaro Rubert , CRONO: Inés Pombo.

GOLES: 1-0 Olaya , 2-0 Silvia , 2-1 Laura, 2-2 Inés, ( descanso) , 2-3 Anabel , 2-4 Inés, 2-5 Anabel, 2-6 Laura, 2-7 Paula Fandiño, 2-8 Paula Fandiño, 2-9 Inés.

Adiantaba a tarde  do venres  o filial do Fisober o seu partido da novena xornada fronte o Troula de Betanzos  que debía disputarse o vindeiro día 21 de Decembro a petición das locais,  cunha moi boa presenza de público no Municipal de Betanzos.

Para o Fisober B o mellor foi o resultado xa que fixo un mal partido, sobre todo na primeira metade. As baixas no filial propiciaron que a porteira Anabel  participara como xogadora de campo.

As da Costa comezaron durmidas, imprecisas, erráticas no pase, parecía que aínda non chegaran o partido. As locais aproveitárono e en tres minutos o resultado xa era de dous a cero gracias os goles primeiro de Olaya e pouco despois de Silvia.

O partido era un ida e volta cheo de imprecisións, o filial seguía sen atoparse,  pero o Troula levaba xa  dous goles de vantaxe. Ata que mediada esta primeira metade Laura reducía diferenzas e voltaba a poñer no partido o filial do Fisober.

A oito para chegar o tempo de lecer  a visitante Inés igualaba o partido e dáballe outra perspectiva.

Nestes últimos minutos da primeira metade os dous equipos tiveron opcións de desnivelar  a balanza pero o resultado non se moveu. A  máis clara para as da Costa era  para Inés que enviaba un tiro a trabe.

A saída do tempo de lecer do filial xa foi diferente, saíron con outra intensidade e  en dous minutos devolveulle a moeda o Troula da primeira metade con goles de Anabel para o dous a tres e Inés para o dous a catro.

O partido cambiaba totalmente de guión , o Fisober  B gañou en tranquilidade e mellorou algo  con respecto a primeira metade , deixando  de pasar as  penurias defensivas da primeira.

Os seis minutos Anabel facía o quinto  e un minuto despois Laura o sexto o que aclaraba o partido para as visitantes.

Mediada esta segunda metade un saque de esquina de Paula Fandiño topou nunha xogadora local e foi o sétimo gol do filial  e pouco despois a propia Paula facía o oitavo.

Nos últimos minutos os dous equipos tentaron ampliar o número de goles do seu lado do electrónico. Polas locais o perigo viña case sempre da man da infantil Noelia, que gustou moito,   que incluso enviou un lanzamento o pau , tamén gozaron  dun dobre penalti que non foi quen de transformar  Gloria.

As visitantes tamén tiveron ocasións claras pero a única que logrou materializalas foi Inés para o definitivo dous a nove.

Co tempo a cero as locais dispuxeron dun novo dobre penalti que tampouco  foron quen de aproveitar.


En definitiva gran resultado para o Fisober B  nun mal partido, rachando así a súa xeira de derrotas,   un filial que o adiantar  esta xornada non voltará a ter partido oficial ata o vindeiro 11 de Xaneiro recibindo o 5 Coruña,  deberá aproveitar os adestramentos para correxir  erros, mellorar   e non quedarse co simple resultado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario