lunes, 20 de enero de 2014

Espartanas - Fisober B. 2-1.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : ESPARTANAS – FISOBER “B” F.S.F. : 2-1.

ESPARTANAS : Andrea, Ana, Carmen, Adriana e Rebeca ; tamén xogaron : Laura, María, Patricia e Marta.

FISOBER B : Anabel, Noelia, Paula Fandiño, Inés e Laura ; tamén xogaron : Andrea, Alejandra e Tamara.


ÁRBITRO : Alfredo Trincado ; Crono : Fernando Barros.

GOLES : 1-0 María min.13 ; 1-1 Paula Fandiño min 23 , ( descanso ) ; 2-1 Adriana min.45.

Rematou a primeira volta para o filial do Fisober e non puido puntuar na súa visita A Coruña. A pesares de non facer un bo partido mereceu traerse algo positivo para a Costa pero seguen sen materializar as ocasións e o que perdoa paga.

O partido disputouse o ritmo que querían as locais que se pecharon atrás na busca de saír a contra, ralentizar o xogo visitante e rapidez cando elas tiñan o balón, xa dende os primeiros minutos foi así.

As locais ben colocadas atrás para cada vez que roubaban saír en perigosas contras. Pola súa banda as visitantes non eran quen de aumentar o ritmo do xogo e do balón  para descolocalas .

Así mediada a primeira metade María aproveitaba unha contra para prantarse ante Anabel e adiantar as locais.

Buscaron aumentar o ritmo as visitantes pero non o lograban. Ainda que o seu xogo non melloraba moito comezaban a chegar as ocasións, pero o igual que na anterior xornada non eran quen de mandalas o fondo da rede.

E tivo que ser despois dunha cesión e o conseguinte libre indirecto cando Paula Fandiño poñía a igualada no electrónico co que se chegou o tempo de lecer.

Na segunda metade mellorou un pouco o filial e tivo máis control do partido, gozaban de algunha que outra boa ocasión pero ante a portería pechábanse as persianas.

Os minutos ían pasando e ademais de non ser quen de poñerse por diante, as visitantes estábanse a cargar de faltas.

E así a cinco para o fin chegaba a sexta. Tres dobres penaltis case consecutivos dos cales Adriana aproveitou o segundo , puxeron en vantaxe as locais e desquiciaron as visitantes que aínda con todas as dificultades  dispuxeron de algunha ocasión para empatar pero non era o día.


Da actuación arbitral mellor non falar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario