lunes, 13 de enero de 2014

Fisober B - BeArt 5 Coruña.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – BEART 5 CORUÑA: 0-3.

FISOBER B : Anabel, Paula, Laura, Andrea e Noelia ; tamén xogaron : Tamara e Inés.


 5 CORUÑA: Gema, Leny , María Veiga, Ana Lago e Ana González ; tamén xogaron : Gloria, Alicia e Daniela.

GOLES : 0-1 Leny , ( descanso ) , 0-2 Leny, 0-3 Leny.

ÁRBITRO : Jorge Varela  , CRONO : Gerardo  Pájaro.

Levaba máis dun mes sen competir o filial do Fisober por mor do seu calendario e do parón de Nadal e a pesares da derrota fixo un moi bo partido e mereceu sacarse algo positivo do mesmo , pero os goles en momentos chave e a falta de puntería das locais  nos metros finais levaronse os puntos a terras herculinas.

Os dous equipos tentaron xogar e non se pecharon , tentando  desenvolver o seu xogo. As ocasións chegaban en ambas porterías, pero as porteiras estaban máis atinadas que as xogadoras.

Pasaban os minutos e os dous equipos seguiron sen materializar ningún gol. As locais pronto se cargaron de faltas o que lles fixo baixar un pouco a intensidade se non querían chegar  a recibir  dobres  penaltis.

Cando parecía que se ía chegar con igualada o tempo de lecer  a capitana visitante Leny  aproveitaba unha ocasión ,entrando no último minuto, para poñer en vantaxe as herculinas.

A volta dos vestiarios todo seguía igual, pero os tres minutos produciuse outra xogada chave, cando nunha contra levada por Inés e Paula Fandiño non foron quen de aproveitar a inmellorable ocasión e na xogada seguinte , as locais facían un claro penalti , que foi transformado de novo por Leny.

Lonxe de rendirse as locais seguiron, practicando un bo  xogo e disfrutando de oportunidades pero o balón non quería entrar, mesmo Noelia tivo un lanzamento o pau. As visitantes tamén saían en perigosas contras. 

Os minutos pasaban e pasaban e as da Costa non atopaban ese merecido gol que as puxera de novo no partido.

Cando quedaban escasos dez  segundos para o fin de novo a visitante Leny  facía o terceiro gol para as súas, completando a súa tripla, e afeando  aínda máis o electrónico para as locais.


En definitiva moi bo partido das da Costa que sucumbiron ante a maior pegada e veteranía das herculinas, pero amosaron o camiño a seguir.



A visión de David Castro do partido de Nacional e Provincial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario