lunes, 13 de enero de 2014

Fisober - Guarnizo. 3-2.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – GUARNIZO : 3-2.

FISOBER : Eva, Patri, Elsa, Ana e Raquel ; tamén xogaron : Noelia, Myrella e Inés.


GUARNIZO : Raquel Manterola, Raquel Moreno, Gabriela, Ana e Isa ; tamén xogaron : Cris, Raquel Bringas, Elena e Amelia.

ÁRBITROS : Jose Manuel Carreira e Beatriz Remeseiro ; CRONO : Berta García.

GOLES : 0-1 propia porta, 1-1 Ana ; ( descanso ) , 2-1 Patri , 3-1 Patri , 3-2 Raquel Bringas.

Arrincou con vitoria o Fisober o ano 2014 no que se cumprirá o décimo aniversario da súa creación.

Nun partido moi emocionante e igualado disputado en Vimianzo  que caeu do lado das locais rachando así a mala xeira de resultados das últimas xornadas e de paso gañándolle o equipo que as precede na clasificación e co cal non foran quen de puntuar en ningún dos dous partidos da tempada pasada.

De saída os dous equipos estaban máis temerosos de gardar a súa porta que de arriscar en ataque sabedores que un erro ou un gol poñería as cousas moi costa arriba, iso si os dous tentando presionar a saída de balón.

Así foi ata que os seis minutos na saída de balón entre Patri e a porteira Eva se fixeron un lio e marcaron en propia porta un gol dos que sairía en todol os zappings.

Parecía que a sorte seguiría esquiva as locais novamente, pero lonxe de virse abaixo as da Costa deron un paso adiante e arriscaron un pouco máis.

Froito diso  os doce minutos un roubo de balón das locais permitiu a Ana lograr a igualada a un no electrónico.

Os minutos foron caendo e aínda que os dous conxuntos tiveron algunha que outra ocasión o tanteador no se moveu e chegouse o tempo de lecer con táboas no electrónico.

A volta dos vestiarios todo continuou igual, quizais as visitantes aumentaron un pouco a presión. Os minutos pasaban e nada cambiaba, ata que unha excelente saída de presión das locais fixo que Myrella cedera para Patri que  lograba o dous a un.

Iso si que cambiou o partido, restaban trece para o fin e as visitantes foron aínda máis intensas e as locais tocáballes defender e saír a contra.

E nunha desas unha excelente xogada individual de Patri remataba co seu lanzamento preto da escadra e co tres a un no electrónico, culminaba Patri así o seu “extrano  hattrick” si contamos o que marcou en propia porta. Quedaban nove para o fin e o Fisober por primeira vez nesta tempada remontaba un partido que comezara perdendo.

Pero non ía ser fácil as visitantes, subcampionas da categoría  a tempada pasada, percutían unha e outra vez na busca de reducir diferenzas. E así o logrou Raquel Bringas a cinco para o fin.


Tocaba sufrir os últimos minutos e así foi, defendendo a embestida visitante e tentando asustar nalgunha contra. Emoción e sufrimento nas gradas ata o final o que se chegou co tres a dous que permite o Fisober romper a mala xeira de resultados e a súa vez escapar un pouco máis da zona de descenso e mirar máis preto  os equipos que o preceden na clasificación.



Fotografía de equipo David Castro / O fútbol unha pasión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario