lunes, 10 de febrero de 2014

Fisober - Ordizia. 2-7.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – ORDIZIA : 2-7.

FISOBER : Eva, Elsa, Ana, Noelia e Myrella ; tamén xogaron : Patri e Raquel.


ORDIZIA : Maddi, Sarah, Ainara, Maite e Olatz ; tamén xogaron : Irati, Ane, Ane Garmendía, Ane Iza e Itziar.

ÁRBITROS : Raquel Manteiga e José Luís Rey ; CRONO : Laura Vila.

GOLES : 0-1 Sarah ; 1-1 Patri  , 1-2 Ane , ( descanso ), 1-3 Ane  ;   1-4 Sarah ; 1-5 Sarah , 1-6 Maite ; 1-7 Ainara , 2-7 Patri .

Castigo demasiado abultado para un Fisober que plantou cara o Ordizia na primeira metade e boa parte da segunda pero que se desinflou nos últimos minutos a raíz do cuarto gol visitante.

Saíron as do Ordizia a por todas dende o principio por algo levan dez  vitorias consecutivas e moi probablemente se xogarán o título no enfrontamento directo fronte o Bilbo. Xa no primeiro minuto un lanzamento de Sarah golpeaba nunha xogadora local e facía o cero a un para as vascas.

Neses primeiros minutos seguiron dominando e poñendo en apuros as locais con Sarah o mando. Pero pouco a pouco as xogadoras do Fisober, moi ordenadas,  foron  atopando o seu sitio no partido. 

Comezaba a cambiar o rumbo e no minuto sete  a local Patri mandaba o seu lanzamento o pau.

Cada vez o perigo rondaba máis a porta visitante que a local e chegaban os mellores minutos das da Costa. 

Así os trece minutos unha fantástica combinación local remataba con Patri marcando a pracer e facendo a igualada.

E un minuto despois de novo combinaban as locais pero desta vez Raquel non foi quen de marcar nunha posición inmellorable, unha xogada que puido cambiar o rumbo do partido.

Os dous equipos moi ordenados non querían recibir un gol que as puxera por debaixo no electrónico. Os minutos pasaban cun xogo cheo de intensidade pero sen moitas ocasións claras.

E cando parecía que se ía chegar ca igualada o tempo de lecer unha xogada chea de rexeites rematou co segundo gol visitante obra de Ane a vinte segundos para o fin. Un gol o inicio e fin do periodo condenaba as da Costa.

No arranque da segunda metade non trocaba moito a película, partido moi intenso con lixeiro dominio visitante.  Os dous equipos moi concentrados sabedores da importancia dun novo gol.

E ese gol caeu do lado visitante a catorce para o fin  de novo por mediación de Ane. A pesares disto as locais seguiron  centradas na busca dun gol que as puxera de novo no partido e pendentes de non encaixar un novo que finiquitara o partido.

Comezaba a notarse o poderío físico visitante , e o  cuarto gol  chegou a oito para o fin por mediación de Sarah. Este gol fixo moito dano as locais. A pouco que baixas a concentración cun equipo deste nivel   págalo e un minuto despois era de novo Sarah a que facía o quinto.

O partido voltouse tolo e nos tres últimos minutos houbo tempo para o sexto visitante obra de Maite, un penalti a favor das locais no que Ana non era quen de batir a Itziar, o sétimo obra de Ainara en inferioridade  e un gol de Patri nos últimos segundos do partido.




No hay comentarios:

Publicar un comentario