lunes, 24 de febrero de 2014

Fisober - Ribera Navarra. 4-2.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – RIBERA NAVARRA. 4-2.

FISOBER : Eva, Patri, Inés, Ana e Raquel ; tamén xogaron : Elsa, Noelia, Myrella e Nuria.


RIBERA NAVARRA : Eva, María, Irene, Ana Saso e Vanesa ; tamén xogaron : Estela, Sandra, Cris, Ochoa, Laura e Yessi.

ÁRBITROS : Xurxo García e Fidel González ; CRONO : Fran Domínguez.

GOLES : 0-1 Ana Saso, 1-1 Patri , ( descanso ), 2-1 Nuria, 3-1 Nuria, 4-1 Noelia, 4-2 Ana Saso.

Vibrante e interesante  partido o que se disputou o sábado en Vimianzo cun bo ambiente de público e cunha animosa grada. Cabe destacar que tanto en Vimianzo coma na primeira volta en Tudela foron dous partidos moi vistosos, disputados e animados  dos que crean afección polo fútbol sala feminino.

Arrancou moi ben o Fisober que xa dende os primeiros minutos se fixo dono do partido. Os tres minutos chegou a mellor ocasión local cun lanzamento de Ana  que petou no pau .

Locais e visitantes ,moi intensas ambas,  ofrecían un bonito espectáculo o público asistente o partido.Mediada esta primeira metade chegaban moi boas ocasións para Raquel e Noelia que non foron quen de abrir o marcador.

As navarras aguantaban  o empuxe local. Os equipos non querían cometer erros que os puideran condenar máis adiante e así pasaban os minutos.

Ata que no minuto catorce unha desafortunada xogada con lanzamento da visitante Ana Saso pegaba nunha xogadora local para facer o cero a un no marcador. E pouco despois a visitante Ochoa  aproveitando o desconcerto local tralo gol a piques estivo de marcar o segundo.

Superado o mazazo do gol as locais voltaron o seu, e unha gran combinación do equipo rematou con gol de Patri a pracer para igualar o tanteador.E aínda puideron irse con vantaxe o tempo de lecer as da Costa pero non aproveitaron un libre indirecto o seu favor.

A saída dos vestiarios das locais foi incluso mellor que na primeira metade. Iso si as navarras tiveron unha boa ocasión a balón parado o pouco do inicio. Con esa excepción chegaron os mellores momentos das da Costa.

Ocasión de Myrella os tres minutos desta segunda metade. E no catro despois dunha gran xogada colectiva do Fisober o balón rematou nos pes de Myrella que enviou o seu lanzamento o pau e no rexeite a máis lista foi Nuria que fixo o dous a un para as locais.

Solo dous minutos despois de novo Nuria aproveitaba un balón en longo e picando o balón superaba por arriba a porteira visitante para o tres a un.

Puideron entrar de novo no partido as visitantes que gozaron dunha dobre ocasión que primeiro Eva e logo a trabe desbarataron. E pouco despois  case como  resposta a isto foi unha contra que finalizou Noelia para poñer o catro a un a doce para o fin.

As visitantes  decidiron arriscar os últimos nove minutos co ataque de cinco. Unha situación ante a cal as da Costa normalmente se atopan cómodas. De feito non pasaron excesivos apuros iso si o partido cambiou o ritmo.

O dominio pasou a ser visitante aínda que non chegaron con excesiva claridade ante a boa defensa e colocación  das da Costa. Poucas ocasións para as navarras e algún lanzamento longo tras recuperación das locais que non acadou o  obxectivo do gol.

Así pasaron os minutos ata que a tres para o fin de novo un lanzamento de Ana Saso pegaba nunha xogadora local para facer o catro a dous, non está a ter sorte cos rexeites o Fisober.

Apretábase o marcador, pero o Fisober resolveu ben estes minutos finais moi concentrado  e cando roubaba tentaron ter posesión para que pasara o tempo e así foi. Algunha ocasión para ambos lados pero o partido non trocou.

A dous segundos para o fin disfrutaron as visitantes dun dobre penalti que atallou Eva, chegándose co catro a dous a fin do partido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario