lunes, 17 de febrero de 2014

Villa de Cee - Fisober B. 5-2.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : VILLA DE CEE – FISOBER “B” F.S.F. : 5-2.

VILLA DE CEE : Belén, Adriana, Andrea Romero, Alba e Sandra ; tamén xogaron : María, Tati, Andrea Muiño, Marta, Serena, Raquel e Bea.

FISOBER B : Anabel, Tamara, Paula Fandiño, Inés e Laura ; tamén xogaron : Andrea, Noelia, Alejandra e Natalia.


ÁRBITRO : Rubén García , CRONO : Gerardo Pájaro.

GOLES : 1-0 Alba, 2-0 Andrea Romero, 2-1 Paula Fandiño, 3-1 Andrea Romero , ( descanso ) , 4-1 Andrea Romero , 5-1 propia porta, 5-2 Noelia.

O domingo de mañá disputábase en Cee  un dos derbis costeiros na Liga Provincial e a vitoria quedou na casa nun partido moi disputado e con ocasións para ambos lados e cun bo ambiente nas gradas. No que o filial do Fisober pagou caro erros propios de xogadoras da súa idade e da falla de experiencia xa que a súa media é quince anos de idade.

Na primeira metade Alba e a ex do Fisober  a fisterrana  Andrea Romero ,  que incluso chegara a debutar  co primeiro equipo con gol en Autonómicacando contaba tan solo con 14 anos en partido disputado en Castrelo do Miño, puxeron o dous cero a favor das locais.

Logo a infantil Paula Fandiño reducía distancias poñendo o 2 a 1. Pero un penalti por mans foi transformado de novo por Andrea Romero para facer o 3 a 1 co que se chegou o tempo de lecer.

Unha primeira metade con ocasións para os dous lados na que polo Fisober destacamos dous lanzamentos o pau por medio de Inés e Laura.

O arranque da segunda metade foi unha remora demasiado pesada para o filial do Fisober. Xa que en minuto e medio un novo gol de Andrea Romero e un gol en propia porta puxeron un cinco a un difícil de remontar.

Aínda que o tentaron un gol de Noelia facía o definitivo cinco a dous co que se chegou o final.




No hay comentarios:

Publicar un comentario