lunes, 31 de marzo de 2014

Calceatense- Fisober. 4-5.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : CALCEATENSE – FISOBER F.S.F. : 4-5.

CALCEATENSE:  Alaine, Vero, Tania, Rocío, Carla ; tamén xogaron : Nuria, Alicia, Rut, Adriana e Andrea.

FISOBER : Eva, Patri, Ana, Noelia, Myrella ; tamén xogaron : Nuria, Elsa, Inés e Raquel.


ÁRBITROS :  Manuel Gómez e Juan Carlos Sarabia , CRONO: Tómas Lasa.

GOLES : 1-0 Vero, 1-1 Myrella, 2-1 Tania, 2-2 Myrella, 3-2 Carla , ( descanso ), 3-3 Nuria, 3-4 Patri, 3-5 Nuria, 4-5 Vero.

Volvía a competición o Fisober despois da xornada que lle tocou descansar e fixo con vitoria a domicilio na Rioxa ,terra que lle da sorte ,xa que gañou nas catro visitas que realizou nestas dúas tempadas na Segunda Divisón Nacional.

Nun partido cheo de adversidades as cales foi quen de sobrepoñerse con traballo, xogo e a gran actuación da porteira ocasional Raquel, que tivo que poñerse baixo paus despois da expulsión de Eva e o viaxar sen porteira suplente.
Raquel de espaldas como xogadora de campo

Raquel xa como porteira
Non podían comezar peor as cousas para as da Costa. Os quince segundos Vero facía o un a cero para as locais, tocaba remar dende a saída de vestiarios. A resposta foi de Noelia quen mandou seu tiro cruzado rozando o pau.

Os catro minutos un lanzamento de Myrella supoñía a igualada no electrónico. Pero pouco lles durou a ledicia as visitantes. As locais moi atentas a calquera erro para saír en rápidas contras, aproveitaron un e os seis minutos Tania volvía a poñer en vantaxe as súas.

E pouco despois Vero case fai o terceiro para as locais. Mediada esta primeira metade unha boa combinación visitante chegaba a Elsa quen cedía a Patri quen con todo a favor mandaba o trabe, desperdiciando unha ocasión clarísima.

O ritmo do partido baixou un pouco e xa non chegaban ocasións tan claras. Pero todo trocou a 2:42 para o fin desta primeira metade, unha contra das rioxanas era freada pola porteira visitante  Eva cunha man fora do área impedindo unha ocasión de gol . Vermella directa, dous minutos de inferioridade e o resto do partido coa xogadora de campo Raquel baixo paus.

Lonxe de virse abaixo foi un acicate para o Fisober. Aguantaron os dous minutos sen recibir un gol e incluso Patri despois dunha xogada individual  tivo unha ocasión para igualar o partido.  E xusto o recuperar a inferioridade un lanzamento de Myrella pegaba nunha xogadora local e poñía o dous a dous no electrónico.

Pero a tres segundos do tempo de lecer un lanzamento de falta de Carla poñía o tres a dous no electrónico.

Saía moi motivado e concentrado  o Fisober  na segunda metade, conscientes que con Raquel na portería debían deixar os mínimos ocos. Os dous minutos da volta de vestiarios Nuria igualaba o partido. E pouco despois Ana enviaba un lanzamento o trabe.

Eran os mellores momentos de xogo das da Costa cun moi bo traballo ofensivo e defensivo. E si as rioxanas sobrepasaban a defensa apareceu Raquel que amosaba moi boas maneiras na portería.

A trece para o fin Patri poñía en vantaxe as da Costa facendo o tres a catro. E a oito para o remate unha  xogada individual de Patri remataba nun claro penalti que transformaba Nuria para o tres a cinco. E seguía chegando o Fisober na busca de matar o partido.

O enorme e solidadrio  traballo defensivo do equipo  e Raquel non deixaban penetrar as locais. Ata que a cinco para o fin Vero facía o catro a cinco. A resposta foi cunha ocasión de Nuria.

Quedaban cinco minutos de sufrimento para as da Costa. Os dous últimos minutos as rioxanas propuxeron o ataque de cinco pero o Fisober resolveu ben a situación e incluso Patri e Nuria tiveron oportunidades con lanzamentos  dende campo propio para aumentar o resultado.

Importante, merecida  e traballada vitoria a domicilio do Fisober que supuxo o descubrimento de Raquel como porteira de emerxencia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario