lunes, 3 de marzo de 2014

Grupo Work - Fisober B. 1-3.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : GRUPO WORK – FISOBER “B” F.S.F. : 1-3.

GRUPO WORK : Cris, Carmen, Ainhoa, Sandra e Lara; tamén xogaron : Nuria, Alba, Patri, Adelaide, Amanda, Sara e Alba Carreira.

FISOBER B : Marta, Paula Fandiño, Inés, Laura e Noelia   ; tamén xogaron : Natalia, Alejandra e Andrea.


ÁRBITRO : Eduardo Castro  , CRONO: David Pérez.

GOLES : 1-0 Patri ,  ( descanso ) , 1-1 Inés, 1-2 Inés, 1-3 Paula Fandiño.

O equipo de Provincial do Fisober non quixo ser menos que o de Nacional e logrou unha vitoria de prestixio a domicilio, ante o Grupo Work un dos equipos revelación da tempada, tamén cheo de xuventude o igual co filial do Fisober .

Conseguían así a súa segunda vitoria consecutiva, no día no  que as baixas na portería provocaron un novo debut en Provincial, algo que sempre enche de ledicia o clube,  desta vez tocoulle a porteira infantil Marta  que tivo unha boa actuación e complementou o extraordinario traballo de todas as súas compañeiras.
As infantiles Paula Fandiño e Marta nunha imaxe de archivo.

A primeira metade foi un continuo ida e volta para os dous equipos, con ocasións tanto para locais coma para as visitantes.

Cando se chegaba os últimos minutos desta primeira metade un erro visitante era aproveitado pola local Patri para poñer o un a cero co que se chegaba o tempo de lecer.

Saíron moi ben as da Costa na segunda metade e o pouco do inicio Inés aproveitaba un rexeite da porteira local para igualar o partido.

O encontro  continuou co mesmo guión con dous equipos na busca da vitoria e con ocasións para ambos equipos.

Pero foron as visitantes as que se adiantaron cando de novo Inés aproveitaba un balón elevado para marcar coa cabeza o un a dous ante a saída da porteira.

Nestes momentos chegou o protagonismo da debutante Marta que cunhas boas intervencións mantivo o seu equipo en vantaxe no electrónico.

Para os últimos minutos optaron as locais polo xogo de cinco na busca de igualar o tanteador, pero o bo traballo defensivo e a concentración  visitante non daba opción.

Chegando o final un roubo permitiu que Paula Fandiño lanzase dende campo propio  para poñer o un a tres definitivo.

Intentaron as locais sen descanso marcar e reducir distancias ata o fin   pero xa non foron quen de logralo.


Gran vitoria para as da Costa que conseguían rachar o  maleficio no Novo Mesoiro no que nunca un equipo base do Fisober  fora quen de puntuar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario