lunes, 14 de abril de 2014

5 Coruña - Fisober B. 3-2.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : BEART 5 CORUÑA – FISOBER “B” F.S.F. : 3-2.

5 CORUÑA: Gema, Lenny, Ana, Elena e Sofía ; tamén xogaron : Raquel, Aldara, Gloria, Alicia e Daniela.

FISOBER B : Anabel, Andrea, Tamara, Paula Fandiño e Laura ; tamén xogaron : Noelia, Alejandra e Natalia.


ÁRBITRO: Rafael Plaza ,  CRONO : Yanet Hernández.

GOLES : 1-0 Ana, 2-0 Aldara, ( descanso ) , 2-1 Paula Fandiño, 3-1 Lenny, 3-2 Andrea.

Partido disputado o sábado no Pavillón Barrio das Flores da Coruña, onde o filial do Fisober visitaba un dos equipos máis en forma da competición que non coñece a derrota nesta segunda volta. As da Costa estiveron preto de pescar algo positivo da visita.

A primeira metade non foi moi brillante por parte de ningún dos dous equipos. O dominio correspondeu as coruñesas aínda que sen demasiada profundidade.

Dous goles das locais puxéronas en vantaxe e con ese  resultado de dous a cero chegouse o tempo de lecer.

A segunda metade foi un pouco máis movida e aberta. Mediada esta segunda metade  Paula Fandiño aproveitaba un man a man para reducir diferenzas no marcador e facer soñar as visitantes con traerse un botín para a Costa.

E tiveron a oportunidade cando un lanzamento de Alejandra se foi a cruceta, podía ser o empate. Pero non o foi e quen si aproveitaron foron as locais. Un despiste defensivo visitante terminou nun penalti que valeu o tres a un.

Non se renderon as do filial e unha boa combinación rematou cun gran gol de Andrea.
Andrea autora do segundo gol 

Pero xa quedaba pouco tempo e as coruñesas decidiron manter a posesión para controlar o partido evitando recibir máis ocasións. Rematando o partido con tres a dous.


No hay comentarios:

Publicar un comentario