lunes, 28 de abril de 2014

Fisober B - Espartanas.3-1.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – ESPARTANAS : 3-1.

FISOBER B : Anabel, Tamara, Laura, Inés e Paula Fandiño ; tamén xogaron : Alejandra, Andrea, Natalia e Noelia.


ESPARTANAS :Laura, Marta, Carmen, María e Rebeca; tamén xogaron : María Cortiñas e Andrea.

ÁRBITRO : Valentín Presedo ,  CRONO : Yayo Pájaro.

GOLES : 1-0 Laura, 2-0 Laura , ( descanso ), 3-0 Tamara, 3-1 Carmen.

Disputábase en Muxía o partido correspondente a última xornada de liga para o filial do Fisober , aínda que o último partido da tempada foi o aprazado fronte oPonteceso que se disputou na mañá do domingo.

As da Costa que a pesares de dominar, non fixeron un bo partido, iso si  conseguiron unha vitoria que as deixou oitavas na clasificación.

Non podía comezar mellor o encontro para as locais xa que os catro minutos a súa capitana Laura as adiantaba no electrónico.

A pesar de disputar todo o partido con esa vantaxe no marcador, as xoves xogadoras locais, non atoparon nin o ritmo nin o xogo necesario. Con múltiples erros que non deixaban darlle a continuidade necesaria o xogo.

Chegaban ocasións pero máis froito de xogadas illadas que de combinacións.

A dous minutos para o fin desta primeira metade de novo Laura nunha xogada embarullada facía o segundo gol local que daba unha certa tranquilidade no electrónico camiño dos vestiarios.

A volta do tempo de lecer, as da Costa mostraron a súa mellor imaxe no partido. Fixeron un  bo arranque de segunda metade. Corroborada co gol de Tamara nunha boa xogada individual. Unha Tamara que facía o seu primeiro gol da tempada amosando que está acabando en moi boa forma a Liga.

Pero co paso dos minutos foise esmorecendo o xogo local e volveu os vicios da primeira metade.

Ata o punto que a catorce para o fin , a visitante Carmen aproveitaba un libre indirecto no borde do área para reducir diferenzas.

Puido pouco despois Paula Fandiño volver a poñer tres goles de marxe pero o seu lanzamento foise o pau da portería visitante.

Dende aquí ata o fin moita imprecisión por parte dos dous equipos cun resultado que xa non se moveu.

Imaxes do Espartanas - Fisober B da primeira volta.



No hay comentarios:

Publicar un comentario