lunes, 28 de abril de 2014

München.

Mañá o Real Madrid ten unha nova oportunidade de chegar a unha Final de Champions e nunha semana todo trocou, os pesimistas volvéronse optimistas , a mentira do resultado rapaces.  Hoxe vou tentar ser curto e claro.

Para mércores tiña boas vibracións e déronse, pero non me gusta tanto optimismo , non me fío nada,  por unha serie de cousas :

München e Alemaña dan medo por si solos para o Real Madrid. Vin tantas veces está película, un Real Madrid superior no Bernabéu, que non foi o caso, fomos máis efectivos , que despois caía con estrépito unha e outra vez en terras bávaras, que xa non sei que pensar. Goles os dez segundos, balóns colgados, a contra, en xogada, non sei que enumerar.  Non fai tanto que tivemos o exemplo.

Polo tanto queda moito, moito que traballar. Le Pep é un gran adestrador e non vai caer outra vez nos mesmos erros, vai presentar variantes. Un puto amo que manexa tan ben coma outros as roldas de prensa e o outro fútbol, algunha nova  perla deixará.

A  gran dúbida? O sistema. Vamos volver a un 4-3-3 que neste tipo de partidos foi a nosa morte. Un servidor non o faría, creo que sería un suicidio. Na Final de Copa e na ida a sorte , penso eu, concedeu a Carlo salvarse desta cuestión o faltarlle Cristiano nunha cita e Bale na outra, pero mañá terá que tomar decisións.

Eu aposto polo 4-4-2 que tan bos resultados nos deu, con liñas xuntas e xogadores moi concentrados e solidarios.

O que me leva os nomes, que cromos poñemos. Vai poñer a BBC, pois eu tamén ma cargaría. A razón que Carlo pode pedirlle que traballen para atrás e poden facelo, pero a concentración defensiva en calquera dos tres non creo que superara o cuarto de hora. Despois coma sempre a cabra tira o monte. Ademais sabendo o gran traballo que Isco e Di María realizaron nestas dúas citas.

A quen me cargaría ? Para min clarísimo Bale o banco. Cristiano ten que xogar e Karim é o nexo perfecto o que fai xogar o resto. Ademais terías un revulsivo se as cousas van mal. Aceptará Florentino 100 kilos no banco, quizais aceptaría a Karim. Para un servidor  Karim é o máis necesario dos tres o lanzador, o home que fai as paredes, que descarga , que fai xogar.

Difícil decisión para Carlo e para calquera pero para iso cobra tanto. Debe saber que faga o que faga se non pasa vai ser criticado e arrasado, o exemplo teno no outro banco. Guardiola pasou de heroe a vilán, si pasa volverá a ser o mellor e se cae terá que aguantar outro torrente de críticas. Aquí todos esperamos ca pistola cargada.

Para rematar unhas pinceladas, para falar de atletas, posesión ….. xa deixei un interesante link o outro día coas outrascrónicas e cousas  do Real Madrid vs Bayern, pero algo si digo Pep nunca da puntada sen fío e tódalas súas declaración buscaban algo , non o dubiden.

Que é fútbol bonito? como se disfruta máis? Falarei levemente de  dous recordos, quizais o día de máis tristeza e de máis ledicia que me deu o Real Madrid :

 Vagamente recordo a mítica semifinal de Copa de Europa fronte o Psv Eindhoven . Nun partido de volta que o Real Madrid da “Quinta” pechou os holandeses, nun partido cheo de ocasións e de tiros os paus, partido memorable dixeron algúns, solo nos faltou a sorte,  pero no que quedamos eliminados, tristeza , desilusión e a sensación de nunca ver o Real Madrid nunha final da Copa de Europa.

Anos despois , Holanda de novo, Amsterdam desta vez, un Real Madrid cun fútbol como dirían os puristas non moi bonito, sen dominar, moi lonxe de aquel da “Quinta do Buitre” deume a alegría máis grande que nunca me dará o Real Madrid, vinlles  gañar unha Copa de Europa algo que xa pensaba que nunca vería, a mítica “Séptima”.


Creo que neso se resume o fútbol, alegrías e tristezas, ilusión e cabreos, cada un que o disfrute como e cando queira e da maneira que queira. Todos sabemos de fútbol e non hai un fútbol único, pero todo remata e comeza no gol e na vitoria a maneira de chegar a eses lugares é cuestión de cada un. 

Martes de pasión ou de desilusión ! 

Artículos sobre o Real Madrid.

No hay comentarios:

Publicar un comentario