lunes, 5 de mayo de 2014

Fisober - Stilo Berrio. 3-1.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – STILO BERRIO. 3-1.

FISOBER : Eva, Patri, Nuria, Ana e Noelia ; tamén xogaron : Raquel, Elsa, Inés, Laura e Tamara.


STILO :  Elena, Alaitz, Enara, Eztizen, Aitziber ; tamén xogaron : Eukene, Goiuri, Laura, Mamen  e Garazi.

ÁRBITROS : Esteban Calvo e Jorge Varela ; CRONO : Inma Silva.

GOLES : 1-0 Inés , 1-1 Aitziber ( descanso ) , 2-1 Nuria, 3-1 Nuria.

Remataba o sábado en Vimianzo a tempada para o Fisober nun partido no que as locais querían asegurar a sexta praza e ademais despedirse con bo sabor de boca da súa parroquia. Pola súa banda as visitantes viñan a asegurar a categoría, algo que lograron a pesar da derrota.

Saíron moi ben as da Costa,con presión alta ,  metidas e dominando o partido. Nos primeiros minutos acumularon moi boas ocasións Ana , Nuria e Noelia que se topou co pau no seu lanzamento cruzado.

Co paso dos minutos foise desfacendo do dominio local e  o conxunto vasco e comezou a chegar con maior perigo. Cando se acercaba o ecuador desta primeira metade as visitantes tiveron as súas opcións para adiantarse no electrónico pero non foron quen de logralo.

Os nove minutos Patri, xenial toda a tarde, destapou o tarro das esencias e despois dunha excelsa xogada individual cedeu para que Inés marcara a pracer.

Pouco lle durou a ledicia as da Costa  xa que solo dous minutos despois Aitziber  poñía a igualada no tanteador.

Con este gol volveu a facerse dono do partido o Fisober. A sete para o fin  era desta vez Inés a que se topaba co pau e Nuria por partida dobre non era quen de batir a Elena. Aitziber   a xogadora máis perigosa e combativa visitante , poñía en algún apuro a meta local.

Incluso nos últimos segundos da primeira metade a xogadora do filial Laura que debutaba nesta tempada en Segunda División, gozaba dunha moi boa ocasión.

A volta de vestiarios arrancou incluso mellor o Fisober e os dous minutos Nuria amosaba o seu instinto goleador para facer o dous a un.

A segunda metade foi un constante e incesante goteo de ocasións locais na busca dun  terceiro gol que matara definitivamente o partido pero non deu chegado. Cunhas visitantes encomendadas a Aitziber  e algunha contra para sacar algo positivo.

Nuria e Patri ían acumulando ou creando  ocasión tras ocasión pero o gol da tranquilidade non daba chegado, iso si o público asistente o Municipal estaba a disfrutar dun moi bo espectáculo.
Incluso Elsa a dous minutos para o fin enganchou un lanzamento que se foi a trabe pero que tampouco quixo entrar.

E non o fixo ata que a 22 segundos  do fin un saque de banda executado de maneira rápida deixou a Nuria ante a porteira visitante a cal regateou e marcou a pracer deixando a vitoria na Costa. No último segundo a visitante Eztizen mandou un lanzamento o pau da portería local.

Ademais da vitoria e a sexta praza destacar o debut en Segunda División Nacional  neste partido da  xogadora  do filial Tamara, e  para Laura foi a segunda aparición nesta categoría xa que debutara precisamente na última xornada da tempada pasada.

Dende o Fisober queremos agradecer a tod@s @s  que nos apoiaron, seguiron e animaron   nesta tempada, dende o primeiro ata o último, socios, patrocinadores, simpatizantes , medios de comunicación ……… gracias por todo o voso apoio sen el todo isto non sería posible para un equipo tan humilde.

Visión Stilo.

Imaxes da tempada.




No hay comentarios:

Publicar un comentario