viernes, 27 de junio de 2014

Fin do Lolaso ?

Despois de tres anos sempre dubidando da capacidade de Laso, agora que parece que o van a chimpar, teño as miñas dúbidas se vai ser a mellor solución desfacerse del.


Miro tres anos atrás e vexo un equipo en total e absoluta descomposición, como me facían tolear , en fin. Todos pensabamos que Messina ía ser a panacea e rematamos vendo como dimitía e deixaba unha sombra sobre a sección.

Laso dende a nada e a desconfianza total nel acadou devolvernos o sitio do que nunca debemos marchar. Acadou 1 Liga, 2 Copas e 2 Supercopas quizais 3 non recordo ben. Perdeu dúas finales de Liga co Barça e perdeu dúas finales da Euroliga, despois de eliminar o Barça en ambas semifinales. Pero o máis importante devolveu a ilusión e o bo xogo a sección. Baixo estas premisas  case debería seguir ,non ? Ademais esta tempada estivo chea de records e un xogo espectacular, pero como sempre digo no Real Madrid o que queda para o recordo son os títulos , é así de simple.

Por outro lado tamén podemos pensar, que puido gañar as dúas Ligas que perdeu, a pesares de ter menor presuposto co Barça sinceramente creo que puidemos e debemos ganalas, así de claro. Gañar a Euroliga é moi difícil, e non tíñamos o maior presuposto,  pero tivémolas a “güevo” ou como se diga, perdemos as dúas finales contra equipos entre comiñas “peores” ou polo menos “moi gañables”. Son dos que pensa que tal e como se deron as cousas este equipo puido marcar unha época. As Ligas vinas a tiro  e as Euroligas ,cas 2 debacles do Cska e a do Fenerbahce, tamén O cal me leva a pensar que Laso non responde nos grandes partidos, que lle falta algo e que nestes tres anos non aprendeu, apenas mellorou, caemos unha e outra vez nos mesmos erros,  con estas premisas hai que chimpalo , non ?

E aquí chegan as intrahistorias desta tempada  que solo saben os de dentro e que nos solo intuimos do que vamos observando:

-Case tiramos ca Copa nun minuto e con 7 arriba, tivemos que gañala cunha  tripla  no último segundo. Defecto de adestrador ou da mentalidade dos xogadores ?

-Cales foron as razóns polas que non se fichou tralas lesións de Carroll e Draper.Fixeron moito dano , vimos como chegou o equipo de mamado o final, bueno Draper dende o primeiro partido contra Oly non voltou a xogar, ben que se notou a súa baixa. Creo que parte de perder estes dous títulos recae nesas baixas. Recordemos que o Barça ten un plantel de 14 tíos e sobre uns 10 kilos máis de presuposto ca nos.

-Cales foron as razóns polas que nos obcecamos cos absurdos records e non rotamos o suficiente. O igual que no fútbol se unha xente xogou de máis e outra apenas xogou despois pasa o que pasa, cando che fan falla nin uns nin outros están como debían.

-En Milán unha táctica case copiada do ano anterior fulminounos, de novo algúns  xogadores e adestrador sinalados, mentalidade ?

-Que pasou despois de Milán, para min foi un “pauaso” desde ese día o resto da tempada apenas tivo importancia, creo que seguín máis as semis co Unicaja que a Final e a bo seguro cabreime máis cos partidos de Málaga. Si para un servidor foi un pau non me quero imaxinar para un equipo que o viu tan cerca e perdía a segunda Final consecutiva.

-Dende a Final Four o equipo amargouse pero especialmente Mirotic e o Chacho e sinceramente dende ese día non rexurdimos. As outras claves de perder a Liga.

-Os problemas de Egos, foiselle das mans a Laso ? Confía esta xente aínda  en Laso ? Vese con forzas e poder para enderezar a situación ?

-As decisións tómanse en frío e con tranquilidade, non vaimos dar pasos cara atrás, eles teñen esas respostas que nos non temos. A miña gran dúbida con Laso é a súa presunta  inoperancia nos grandes partidos. Nunca mirei cara Laso con ollos de namorado que queredes que vos diga.

Con Laso teño esa sensación que tiña con Del Bosque, paréceme que seus erros nos privaron de marcar unha Era pero xa vimos como acabou todo despois da súa marcha, e a de Makelele ollo ! Pois hoxe teño esa mesma sensación e si Laso é máis importante do que parece.


Agora quero que opinedes vos, debe seguir ?

No hay comentarios:

Publicar un comentario