lunes, 29 de septiembre de 2014

Fisober B - Cruces. 2-4.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – CRUCES F.S. F. : 2-4

FISOBER B : Anabel, Tamara, Andrea Piroja, Laura e Andrea Muiño ; tamén xogaron : Paula Fandiño, Alejandra, Nuriña e Paula.


CRUCES : Carmen, Ana, Mónica, Cruz e Tania ; tamén xogaron : Paula, Giselle e Silvia.

ÁRBITRO : Jorge Varela ,  CRONO : María J. Mallo.

GOLES : 0-1 Ana, 1-1 Paula Fandiño, 1-2 Mónica  , ( descanso) 1-3 Ana, 1-4 Ana, 2-4 Paula Fandiño.

Este sábado en Vimianzo disputouse o primeiro partido de Liga para o filial do Fisober que rematou ca vitoria do Cruces, equipo debutante na categoría.

Non foi un bo partido das locais no que cabe salientar que  debutaron en partido oficial  Andrea Muiño e a infantil Nuriña.

O partido arrancou con dominio local e cunhas visitantes esperando en media pista, prestas para saír en perigosas contras. Así apareceu algunha ocasión en ambas porterías pero máis froito de erros que de boas combinacións.

Ata que medida esta primeira metade a visitante Ana aproveitaba unha contra  para marcar o primeiro gol do seu equipo no partido e tamén na competición.

 Comezaron os nervios nas xogadoras locais, que aínda así lograron igualar o partido cun lanzamento de Paula Fandiño que petou nunha xogadora visitante.

Pouco lles durou a ledicia as locais, xa que  unha nova contra visitante foi aproveitada esta vez por Mónica para facer o un a dous co que se chegou o tempo de lecer.

A volta dos vestiarios o partido seguiu baixo os mesmos parámetros, as locais tentando igualar e as visitantes saíndo a contra.

Pero de novo Ana mediada esta segunda metade  desfixo as esperanzas locais, primeiro cun lanzamento lonxano e despois aproveitando unha serie de rexeites poñía no electrónico un desesperanzador un a catro .

Un tempo morto local activou un pouco  as súas , que comezaron a pechar as visitantes. A seis para o fin de novo Paula Fandiño acurtaba distancia.

As locais buscaron a igualada con máis corazón que cabeza nestes últimos minutos , aproveitando a nova reglamentación de Provincial no que os últimos cinco minutos de cada tempo son a tempo parado.Pero a pesares de que tiveron ocasións non foron quen de materializalas.

En definitiva xusta vitoria visitante que  leu perfectamente o partido ante un filial que debe traballar para mellorar.

Recordar que o vindeiro sábado día 4 a partires das dez da noite no Pavillón de Vimianzo  os membros da Peña Marea Nejra do Fisober  organizan  unha paellada con motivo do décimo aniversario do clube a cal invitan a tódalas xogadoras, ex – xogadoras e siareiros en xeral.

Antes as sete poderán disfrutar do debut  esta tempada en Liga Nacional do equipo fronte o Leganés. O equipo filial desprázase a Betanzos para xogar fronte o Troula con horario aínda por determinar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario