lunes, 13 de octubre de 2014

Fisober B - Ártabras. 1-2.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER B – ÁRTABRAS FENE : 1-2.

FISOBER B : Paula Lema, Nuriña, Laura, Paula Fandiño e Tamara ; tamén xogaron : Andrea Piroja, Alejandra, Andrea Muiño, Natalia e Antía.


ÁRTABRAS : Mavi, Andrea, Antía, Cintia e Claudia ; tamén xogaron : María, Uxía, Carolina, Almudena e Gloria.

ÁRBITRO : Jorge Fernández , CRONO : Alejandro López.

GOLES : 1-0 Paula Fandiño , ( descanso ), 1-1 Cintia, 1-2 Cintia.

Partido disputado este sábado no Municipal de Baiñas onde o filial do Fisober realizou un gran partido en defensa  e tivo opcións de  deixar algún punto na casa ante un dos equipos chamados a estar na parte alta da clasificación.

O filial deixoulle a posesión as de Ferrolterra , e con boa actitude defensiva e saíndo a contra tentaron compricarlle as cousas as visitantes.

E así foi xa que a local Paula Fandiño puxo en vantaxe as súas. Un resultado co que se chegou o tempo de lecer.

Na segunda metade as visitantes intensificaron aínda máis o seu dominio. As da Costa seguiron co seu bo traballo defensivo, con Paula Lema na portería  e cuns paus que parecían xogar do seu lado.

Pero dous goles de Cintia daban a volta o electrónico e poñían en vantaxe as visitantes.


Nun último minuto tolo a piques estiveron de igualar as do filial. Tiveron moi boas ocasións para deixar un punto na casa. Paula Fandiño, Tamara e Nuriña puideron empatar pero non foron quen de facelo.

A vindeira semana rendirán visita o Grupo Work.

Versión Ártabras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario