lunes, 6 de octubre de 2014

Fisober - Leganés. 5-7.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – LEGANÉS F.S. : 5-7

FISOBER : Leti, Ana, Mai, Inés e Noelia ; tamén xogaron : Myrella e Raquel.


LEGANÉS : Marta Balbuena, Andrea, More, Puche e Patri Montilla ; tamén xogaron : Marina, Lauri, Pichón, Aida, Sara Sanz Sila e Carmen.

ÁRBITROS : Francisco J. Roldán i Esteban Otero ; CRONO : José González.

GOLES : 0-1 Puche, 1-1 Inés, 1-2 Marina, 2-2 Raquel, 2-3 Puche, 2-4 More, ( descanso ) , 2-5 Pichón, 2-6 Puche, 3-6 Ana, 3-7 Puche, 4-7 Ana, 5-7 Inés.

O sábado disputou en Vimianzo o Fisober o primeiro partido de Liga na súa terceira tempada na categoría de Prata do fútbol sala feminino español e a pesares da derrota deixou moi bo sabor de boca a parroquia local, ante o Leganés un equipo chamado a loitar polo título na categoría.

Un mal minuto o inicio e o fin de cada parte penalizou as locais, nun partido no que debutaron na categoría co equipo da Costa , Leti e Mai.

O Fisober decidiu esperar en media pista e tentar saír a contra ante un Leganés que viña decidido a pola vitoria.

O dominio era visitante pero as locais non lle perdían a cara o partido cun traballo defensivo tremendo, cunha Leti moi atenta na portería  e con algunha que outra perigosa contra a máis clara cunha ocasión de Raquel.

Mediada esta primeira metade chegaba o primeiro para as madrileñas obra de Puche a oito para o fin. 

Pero pouco lles durou a ledicia as visitantes xa que un minuto despois Inés aproveitaba un rexeite para empatar cunha magnífica vaselina.

O partido seguiu baixo o mesmo guión, pero a catro para fin destra primeira metade Marina volvía poñer por diante o Leganés. E de novo case de seguido volvían igualar as locais , desta vez por mediación de Raquel.

Cando parecía que se ía chegar con ese resultado o tempo de lecer, as visitantes lanzaron dous zarpazos nun  último minuto fatídico para as da Costa ,  para rachar a marcador. Primeiro Puche e a vinte segundos do fin More poñían un 2 a 4 despois dunha gran primeira metade local.

O inicio da segunda metade foi menos esperanzador se cabe, un gol de Pichón e outro de novo de Puche poñía un 2 a 6 case imposible.

As locais lonxe de renderse seguiron loitando , sen dar nin un balón por perdido. Todo se complicou aínda máis cando a nove para o fin Noelia vía o segundo cartón amarelo cos conseguintes dous minutos de inferioridade. As da Costa amosaron a súa casta e incluso acadaron acurtar distancias por medio de Ana de penalti. A sete segundos de rematar a inferioridade Puche facía o seu cuarto gol para poñer  o tres a sete.

Entrábase nos últimos sete minutos do partido cos dous equipos con cinco faltas, o que permitiu a Ana gozar dun dobre penalti que transformou para o catro a sete a pouco máis de tres para o fin. 

Pouco despois as visitantes non foron quen de batir a Leti na mesma sorte.

Nos últimos minutos as visitantes decidiron saír de cinco para controlar un partido pero un roubo local propiciou o cinco a sete definitivo por parte de Inés. As locais non se renderon e tentaron a igualada ata o último segundo.

Dende o Fisober queremos agradecer o traballo da Peña Marea Nejra e do cociñeiro Suso Coscoñas e de todos que fixeron posible a paellada e a convivencia con motivo do Décimo aniversario do clube.

Visión Leganés.

Visión La Voz de Galicia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario