lunes, 20 de octubre de 2014

Fisober - Simancas. 2-4.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – A.D.A.E. SIMANCAS : 2-4.

FISOBER : Leti, Noelia, Myrella, Inés e Ana ; tamén xogaron : Mai e Raquel.


SIMANCAS : Noe, Mari Paz, Flavi, Sonia e María ; tamén xogaron : Silvia, Marta, Lules e Miriam.

ÁRBITROS : José M. Carreira  e Borja Moreira  , CRONO : José A. Fernández.

GOLES : 0-1 María , 1-1 Raquel, 1-2 María , ( descanso ), 2-2 Mai, 2-3 Flavi , 2-4 Silvia.

Partido disputado o sábado en Vimianzo, onde as locais non viron recompensado o gran esforzo realizado, esa pisca de sorte necesaria e as lesións foron claves.

O encontro non tivo un dominador claro, foi por rachas. Os dous equipos estaban interesados en non conceder opcións claras.

Chegaban ocasións pero por contagotas entre uns equipos na busca do erro do rival. Con ese guión foron pasando os minutos.

Ata que no minuto catorce desta primeira metade era a visitante María a encargada de mover o electrónico.

Pronto respostou o  Fisober solo dous minutos despois , nunha xogada embarullada Raquel puxo a punteira e facía a igualada nun balón que tocou nunha xogadora rival.

Eran os minutos tolos do partido, xa que un minuto despois de novo María poñía en vantaxe as madrileñas.

Seguindo a tónica tocáballe respostar as locais pero o lanzamento de Noelia foise o trabe, rematando a primeira metade co un a dous para as visitantes.

A volta do tempo de lecer  o partido continuou pola mesma senda.

Os tres minutos un lanzamento de falta de Mai petaba nunha xogadora rival para devolver a igualada o electrónico. Era o primeiro gol oficial de Mai ca camiseta do Fisober e tamén na Segunda División.

Pero o igual que na primeira metade pouco durou a ledicia. A catorce para o fin , nunha xogada chea de rexeites era a visitante Flavi a que poñía en vantaxe de novo as visitantes.

As costeiras non se rendían e despois dunha xogada de Myrella era Noelia a que con todo o seu favor non foi quen de materializar  esa gran ocasión.

Foi como unha premonición, antesala das lesións de Ana primeiro e despois Noelia que deixaron as locais sen rotación e moi cansas.

Os folgos ían a menos e o partido case foi insalvable cando a cinco para o fin Silvia facía o definitivo 
dous a catro.

Despois ata o final foi un querer e non poder dun esgotado equipo local, e as visitantes tentando facer que pasaran os minutos.

A vindeira semana tocará visita dominical o Humanes madrileño.


No hay comentarios:

Publicar un comentario