lunes, 20 de octubre de 2014

Work - Fisober B. 2-0.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : GRUPO WORK – FISOBER “B” F.S.F. : 2-0.

WORK : Bea, Ainhoa, Nuria, Sandra e Patricia ; tamén xogaron : Albita, Alba Taibo, Alba Vázquez, Cris, Laura, Estefanía e Ana.

FISOBER B : Paula Lema, Nuriña, Paula Fandiño, Tamara e Laura ; tamén xogaron : Andrea Muiño e Alejandra.


ÁRBITRO : Paula Brandon  , CRONO : Patricia Esparza.

GOLES : 1-0 Ainhoa , 2-0 Ainhoa , ( descanso ) sen goles tralo tempo de lecer.

Partido disputado o sábado na Coruña onde as rapazas do filial non puideron traer ningún punto para a Costa.

Arrancou moi ben o filial o partido, moi concentradas e con ocasións a contra que poñían moito perigo na meta defendida por Bea.

O dominio local non se traducía en ocasións nestes primeiros minutos, as ocasións chegaban por parte visitante. Pero non lograron materializalas, nos seus mellores minutos sobre a pista.

Co paso dos minutos aumentaba o control das coruñesas e as súas ocasións e o filial centrábase no esforzo defensivo.

Ata que nos últimos minutos desta primeira metade a local  Ainhoa facía cun dobrete a postre definitivo, que o dominio no xogo tamén fora no electrónico. Con ese resultado chegouse o tempo de lecer.

Na segunda metade  continuou o mesmo guión co que finalizou a primeira, dominio local e orde defensivo visitante na busca de algunha contra. Pero ningún dos dous equipos  lograba concretar as súas opcións.

Co paso dos minutos os folgos das costeiras foron a menos e o electrónico xa non se moveu.

Destacar a deportividade do partido , no que solo se sinalou unha falta e o bo ambiente entre os equipos.


Na vindeira semana toca derbi para o filial, xa que reciben a visita do Concello de Ponteceso.

Versión Work.

No hay comentarios:

Publicar un comentario