lunes, 17 de noviembre de 2014

Atlético B - Fisober. 3-1.

SEGUNDA  DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : FUTSI  ATLÉTICO B – FISOBER F.S.F. :3-1.

ATLÉTICO B : Jenifer, Vane, Ainhoa, Chopi e Marta ; tamén xogaron : Sandra, Casandra, Ana, Rocío, Elena, Laura, Alicia e Marilia.

FISOBER : Leti, Ana, Inés, Myrella e Noelia ; tamén xogaron : Mai, Laura e Raquel.


ÁRBITROS : Julio Castillo e Cesar Iglesias  , CRONO : Moisés Cembellin.

GOLES : 0-0 ó descanso ; 1-0 Sandra, 2-0 Casandra, 3-0 Chopi, 3-1 Ana.

Partido disputado na mañá do domingo en Navalcarnero onde o Fisober se enfrontaba o filial do Atlético. O Fisober notou que pernoctou na localidade e puido descansar xa que amosou a boa  imaxe que veñen  dando como locais.  Un partido que puido caer de calquera lado e se levou o que primeiro marcou.

Empezaron os dous equipos pendentes de non cometer erros que lle deran vantaxe as rivais. Un Fisober moi ben plantado e combativo non pasaba excesivos apuros.

Os minutos foron pasando co mesmo guión pero o electrónico non se movía, cun esforzo encomiable das visitantes.

Na última xogada da primeira metade os colexiados anularon un gol o Fisober xa que entenderon que o balón xa saíra cando Mai cedeu para Myrella que marcou a pracer, xogada complicadísima de ver , incluso a mesma Mai recoñeceu que non sabía si saíra ou non o balón.

A segunda metade xa non foi como a primeira, tivo un ritmo tolo con ocasións para ambos lados. Para as da Costa primeiro Inés que non foi quen de superar a Marilia e despois Noelia por partida dobre cun lanzamento de falta o trabe e nunha contra na que non foi quen de superar a porteira visitante  puideron poñer en vantaxe o Fisober. E cunha Leti que desfacía as ocasións visitantes.

Estaba claro que un gol ía ser a chave do partido e este chegou da man local. Unha boa combinación do Atleti rematou co gol de Sandra os seis minutos desta segunda metade. Un gol que rachou o partido.

O Fisober xa non se atopou tan cómodo na nova texitura do partido e aínda que chegaba e tivo as súas opcións xa non foi con tanta claridade. E máis cando a oito para o fin Casandra aproveitaba un despiste defensivo para montar unha contra que rematou co segundo gol local.

Este gol si que foi unha lousa para as da Costa, que aínda así non se rendiron. O terceiro gol do Atlético chegou obra de Chopi a pouco máis de tres minutos para o fin. Pouco tardou en respostar Ana para facer o definitivo tres a un.

Antes do final aínda puido apretar o partido o Fisober, nunha dobre ocasión de Laura e Ana pero o resultado xa non se moveu.

A vindeira semana visitará Vimianzo o Alovera de Guadalaxara.

Os goles do partido.




No hay comentarios:

Publicar un comentario