lunes, 24 de noviembre de 2014

Espartanas - Fisober B. 0-2.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : ESPARTANAS – FISOBER “B” F.S.F. : 0-2.

ESPARTANAS : Carmen María, Rebeca, Laura, Carmen e Ana ; tamén xogaron : Nuria, Lupe e Lara.

FISOBER B : Anabel, Tamara, Laura, Paula Fandiño e Nuriña ; tamén xogaron : Andrea Muíño, Andrea Piroja e Alejandra.


ÁRBITRO : Imanol  Vázquez  , CRONO : Miguel Puerta.

GOLES :0-1 Andrea Muíño, 0-2 Andrea Piroja ( descanso ).

Partido disputado na tarde do sábado no pavillón coruñés de San Francisco Javier onde o filial do Fisober volveu a gañar algo que non facía dende a segunda xornada.

As costeiras leváronse os tres puntos ante un equipo que  sempre lle pon as cousas moi compricadas , dispuxeron de  ocasións para ter un resultado máis abultado pero o seu xogo distou moito do que se espera delas.

Xa dende o arranque do partido o dominio foi visitante tentando acadar unha vitoria balsámica. Pero as xóvenes xogadoras do filial mostráronse algo ansiosas e individualistas nos metros finais.
Andrea Muíño

As da Costa adiantáronse por mediación dun gol de Andrea Muíño, que ademais no partido mandou dous balóns os paus.

O segundo gol foi obra de Andrea Piroja despois dunha contra e dun tres para un.
Andrea Piroja

Aínda así o xogo do filial non foi moi vistoso. Con ese resultado a favor das da Costa por cero a dous  chegouse o tempo de lecer.

Na segunda metade xa non se moveu o electrónico e os goles das “Andrea´s”  prevaleceron. O filial tivo ocasións para aumentar o resultado pero non as aproveitaron. Pola súa banda  Anabel que volvía despois dunha lesión tivo unha tarde bastante prácida na portería.

A vindeira semana visita Vimianzo o líder BeArt 5 Coruña arrancando unha xeira de compromisos compricados para o filial.

Fotos de partidos anteriores.


No hay comentarios:

Publicar un comentario