lunes, 24 de noviembre de 2014

Fisober - Alovera. 1-3.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – ALOVERA : 1-3.

FISOBER : Leti, Ana, Noelia, Inés e Myrella ; tamén xogaron : Raquel e Mai.


ALOVERA : Elisabeth, Elisa, Alejandra, Xenia e Virginia ; tamén  xogaron : Jessi, Mirian, Leticia e Cris.

ÁRBITROS : Jesús Otero e Miguel Sierra  , CRONO : José González.

GOLES : 1-0 Noelia, 1-1 Xenia, 1-2 Elisa, ( descanso ) , 1-3 Virginia.

Partido disputado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vimianzo onde novamente despois dun partido igualado  os puntos fuxiron lonxe da Costa, a balanza sempre cae do lado contrario.

Arrancaba un novo partido para o Fisober e non podía comezar mellor xa que os catro minutos Noelia aproveitaba un balón morto na frontal da área para poñer en vantaxe as da Costa.

A pesar de comezar perdendo as alcarreñas esperaban en media pista e as locais mesturaban presión e agruparse. Os dous equipos vivían  moi temerosos conscientes da importancia do partido e as ocasións eran mínimas e no seu caso ben resoltas polas porteiras.

Mediada esta primeira metade, viviuse  un dos momentos chave do encontro cando Inés non foi quen de superar a porteira rival nun  man a man que puido poñer as da Costa con dous goles de vantaxe.

Outro dos momentos chave foi cando os doce minutos os colexiados sinalaban a sexta falta  , bastante protestada polas locais ,  ningunha levaban as visitantes, que supuxo un dobre penalti que non desaproveitou Xenia para igualar o partido.

Cambiaba o guión do partido e ca espada de Damocles das faltas encima as locais tiñan que esperar máis as visitantes.

Todo empeorou cando a falta de tres minutos para o tempo de lecer Ana facía unha man na área co conseguinte penalti, que lle supuxo o segundo cartón amarelo co cal o Fisober perdía unha xogadora na súa xa mermada rotación.

Non desaproveitou Elisa o penal para facer o segundo gol a prol das visitantes.As visitantes íanse os vestiarios cun inxusto un a dous.

 Na segunda metade os equipos seguiron co mesmo guión do partido e as ocasións se chegaban eran desbaratadas polas porteiras, cunha Leti moi segura por parte local.

A seis para o fin as locais tiveron a súa mellor ocasión para igualada cunha falta indirecta no borde do área, no cal o lanzamento de Noelia primeiro e o rexeite que quedou nas botas de Mai despois  foron desviadas pola porteira visitante pechando as portas da igualada.

Nos últimos segundos do partido e cas da Costa a desesperada, unha contra visitante era finalizada por Virginia que se sacaba un dereitazo incrible para pechar un igualado partido que volveu a caer de forma desfavorable para o Fisober.


A vindeira semana toca derbi e rendir  visita o Leis Pontevedra. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario