lunes, 1 de diciembre de 2014

Fisober B - 5 Coruña. 1-2.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – 5 CORUÑA : 1-2.

FISOBER B : Anabel, Andrea Muíño, Andrea Piroja, Alejandra e Paula Fandiño ;tamén xogaron : Nuriña, Antía, Natalía,  Laura e Paula Lema.


5 CORUÑA : Gema, Lupe, Raquel, María e Alicia ; tamén xogaron : Sofía, Elena e Ana .

ÁRBITRO : Rubén García, CRONO : Gerardo Pájaro.

GOLES : 0-0 ó descanso ; 1-0 Alejandra , 1-1 Lupe , 1-2 María.

Partido disputado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vimianzo, onde o filial se lle escapou un  partido nuns últimos dous minutos tolos, xa que gañaba a falta de dous minutos e perdeuno a falta de cinco segundos, pecados de xuventude.

 Pero de todas formas  deixou unha magnífica imaxe ante o líder.

Sabía o filial que non debía cometer erros e deixalo todo na pista se quería competir o partido e así o fixo. Todas e cada unha delas ,  dende as dúas porteiras ata a última das xogadoras de pista amosaron que poden competir con calquer equipo si saen concentradas o partido.

E así  un filial moi concentrado foi capaz de parar as acometidas do líder e poñelo en apuros cando tocaba. Despois dese gran traballo e un bo xogo combinativo  foron quen de chegar o tempo de lecer con igualada no electrónico.

A volta dos vestiarios mesmo guión e mesmo traballo das costeiras. E mellor se lles poñía cando Alejandra, que facía o seu primeiro gol da tempada, adiantaba o filial.

Entraba a ansiedade nas visitantes que non querían deixar escapar os puntos. As locais defendían a súa vantaxe. E cando a pouco máis de dous minutos as herculinas estaban a piques de tirar a toalla, lograban a igualada.

Foi un mazazo para o filial que aínda así non se rendeu. A trinta segundos para o fin un lanzamento de Paula Fandiño foise bicando o pau no que parecía o dous a un para as locais. Pero o partido non rematara e o destino tíñalles gardada unha desagradable sorpresa o magnífico traballo das costeiras , que foi cando a cinco segundos para o fin as herculinas aproveitaban un rexeite para facer o segundo gol e levarse un partido que tiñan perdido dous minutos antes.

De todos modos alabar o traballo do filial que amosou a maneira de como debe saír a pista, agora toca tentar ser máis regulares e corroborar a boa imaxe nos partidos seguintes.


A vindeira semana non hai liga, o filial volta a competición o día 13 visitando as coruñesas do C. Meca. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario