lunes, 15 de diciembre de 2014

Fisober B - Meca. 1-5.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – CAFETERÍA MECA : 1-5.

FISOBER B : Paula Lema, Andrea Piroja, Laura, Paula Fandiño e Tamara ; tamén xogaron : Andrea Muíño, Alejandra, Marina, Nuriña e Antía.


MECA : Isa, Eva Lago, María, Jessi e Paloma ; tamén xogaron : Lara e  Ainara.

ÁRBITRO : Jose Rey  , CRONO : Daniel Brea.

GOLES :1-0 Andrea Piroja, 1-1 Paloma, 1-2 Eva Lago, ( descanso ), 1-3 Jessi , 1-4 Jessi, 1-5 Paloma.

Partido disputado na tarde do sábado en Vimianzo, unha vez finalizado o partido de Nacional e dentro da xornada solidaria do Fisober.

Arrancou moi ben o filial como acostuma nas últimas semanas, dominando o partido e moi metido. E froito dese dominio chegou o primeiro gol do partido obra de Andrea Piroja despois dunha contra e unha moi boa combinación.

As visitantes pouco a pouco foron tomando o ton do partido e as locais ían baixando no seu control.Un filial que foi de máis a menos perante o partido.

E así mediada esta primeira metade a visitante Paloma aproveitaba unha chegada para igualar o electrónico.Pasaban os minutos e o partido cada vez tiña menos ritmo.

Ata que a falla de cinco minutos un lanzamento de falta da ex do Fisober, Eva Lago poñía en vantaxe as coruñesas.

Foi un duro golpe para o filial, xa que despois dunha primeira metade igualada vían como chegaban o tempo de lecer por debaixo no marcador.

E o arranque da segunda metade foi a lousa definitiva, dous goles de Jessi nos primeiros cinco minutos finiquitaron un partido o que as costeiras xa non foron quen de entrar.

As visitantes máis veteranas pasaron a controlar o ritmo do partido. Ata que a cinco para o fin Paloma facía o definitivo un a cinco.

Tentaron as locais reducir o resultado pero xa sen sorte.


Agradecer  o enorme traballo dos compoñentes da Peña  Marea Nejra, así mesmo como con toda xente que colaborou ca xornada solidaria do Fisober e a que  se acercou ata o Pavillón de Vimianzo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario