lunes, 1 de diciembre de 2014

Leis - Fisober. 1-2.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : LEIS PONTEVEDRA – FISOBER F.S.F. : 1-2.

LEIS : Tamara, Marta, Sofía, Bibi e Anita ; tamén xogaron : Bea, Patri, Carmen Zas, Loló, Mar e Helena.

FISOBER : Leti, Ana, Inés, Myrella e Noelia ; tamén xogaron : Raquel e Mai.


ÁRBITROS : Yoel Castro e Carlos Martínez ; CRONO : Jose González.

GOLES : 0-1 Noelia , 0-2 Inés ; ( descanso ) 1-2 Patri.

Partido disputado o sábado en Pontevedra no P.M. dos Deportes de Pontevedra cunha boa presenza de público nas gradas.

O Fisober acadou a primeira vitoria da tempada despois dun intenso, emocionante e vibrante   derbi, no que todas e cada unha das xogadoras costeiras tiveron que facer un enorme esforzo e deixar ata a última gota de suor nun partido que superou as dúas horas de duración.

Os dous equipos eran conscientes da importancia do partido e querían golpear primeiro. E quen o fixo foi o Fisober cando os tres minutos un lanzamento dende fora do área de Noelia se coaba na portería local  para poñer en vantaxe as costeiras.

Ese gol deu tranquilidade as visitantes, que vían como o partido se xogaba  o ritmo que elas querían. 
O partido transcorría sen demasiadas ocasións por ningunha das dúas escadras.

Co paso dos minutos apretaban un pouco máis as pontevedresas. Pero atopáronse con Leti ou cos paus en dúas ocasións.

A falta de trinta segundos  para finalizar a primeira metade, nun saque de esquina a visitante Inés foi a máis lista e fixo o cero a dous a prol das costeiras.

Saían de vestiarios as visitantes con dous goles de vantaxe e ca tranquilidade que isto lles daba.  E o partido parecía seguir co mesmo guión da primeira metade.

Pero todo trocou cando os cinco minutos a local Bibi vía o segundo cartón amarelo e deixaba en inferioridade as súas, o partido xa non volveu a ser o mesmo. Neses momentos apareceu a porteira local Helena para manter a salvo as locais ante o acoso visitante.

O partido volvíase tolo e máis aínda cando a piques de recuperar a inferioridade as locais era o Fisober  quen perdía a Myrella tamén por dobre cartón amarelo. A película trocaba de lado e agora era Leti a que mantiña as súas.

Máis aínda cando o Fisober viviu os últimos dez minutos co pesadelo das cinco faltas sobre as súas costas. Algo que permitiu as locais disfrutar de ata tres dobres penaltis, e os tres foron desviados por unha Leti que se voltaba infranqueable para as xogadoras do Leis.

O Leis apretaba e o Fisober tentaba aproveitar unha contra e matar o partido,   as porteiras tomaban máis protagonismo. Pero o que chegou foi un libre indirecto a prol das locais  no borde do área a pouco máis de dous minutos  para o fin do partido . Un lanzamento de Patri e unha serie de rexeites puxeron o un a dous no electrónico.

O que fixo o final deste interminable  partido máis emocionante e tolo se cabe pero o marcador xa non se moveu máis. Os dous equipos deixaron todo sobre a pista pero os puntos viñeron cara a Costa, como premio o traballo que viñan facendo sobre a pista as costeiras nos seus partidos e que por fin atoparon a súa recompensa.

A vitoria permite  saír do descenso o Fisober e disfrutar dunhas semanas de tranquilidade antes da visita o próximo día 13 do líder Soto del Real, xa que a vindeira semana non haberá liga.



No hay comentarios:

Publicar un comentario