lunes, 22 de diciembre de 2014

Valdetires-Fisober.6-1.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : VALDETIRES FERROL – FISOBER F.S.F. : 6-1.

VALDETIRES : Nere, Sheila, Alba, Erika e Diana ; tamén xogaron : Belén, Ale de Paz, Eva e Jenny.

FISOBER : Leti, Laura, Ana, Inés e Noelia ; tamén xogaron : Myrella, Raquel e Mai.


ÁRBITROS : Raquel Manteiga e Jose Carreira ; CRONO : Berta García.

GOLES : 0-1 Raquel, 1-1 Ery, 2-1 Ery, ( descanso ), 3-1 Ery, 4-1 Alba, 5-1 Didi, 6-1 Didi.

Partido disputado na tarde do sábado en Ferrol co cal o Fisober poñía fin o ano 2014 na Segunda División Nacional.

Derbi entre dous equipos con metas moi diferenciadas a salvación para as costeiras e voltar a División de Honra para as departamentais. O partido arrancaba con dominio local e cun Fisober que optou por esperar a media pista e saír a contra, algo que lle funcionou moi ben na primeira metade.

Os dous minutos a costeira Noelia enviaba un balón o trabe despois dunha contra. Pero as locais non  querían quedar atrás e mandaban case de maneira consecutiva dous balóns o pau.

Dominio local pero a ferrea defensa visitante e Leti facían que o resultado non se movese nestes primeiros dez minutos.

E máis cando Raquel aproveitaba un balón no borde do área  para de reviravolta poñer en vantaxe as visitantes.

O gol foi un acicate para o Valdetires xa que no minuto seguinte Myrella cometía penalti e a local Ale de Paz dispuña da oportunidade de igualar pero mandou desviado. Aínda que pronto se resarciron do erro as locais xa que un lanzamento de Erika poñía a igualada no electrónico a falla de sete para o fin.

Continuaba o dominio local e as visitantes buscando aproveitar  algunha contra. Así ían pasando os minutos ata que a piques de chegar o último desta primeira metade de novo Erika poñía en vantaxe as locais ante as costeiras que vían que despois do seu bo traballo ían por debaixo no electrónico. Un gol psicolóxico co que se chegaba o tempo de lecer.

Pero foi cando dentro do primeiro minuto da segunda metade de novo Erika, que chegou a ser internacional con España a pasada tempada,  completaba unha tripla goleadora. Un  novo gol psicolóxico que poñía moi de cara o partido para as locais e desesperanzaba as visitantes.

O guión non cambiaba e todo empeoraba cando os oito minutos Alba facía o cuarto local  despois dun saque de banda.

Co paso dos minutos as pernas foron pesando cada vez máis as costeiras que xa apenas molestaban a unhas  locais cada vez máis superiores.

Así dous goles case consecutivos de Diana a falla de tres para o fin do partido deixaban o resultado no definitivo seis a un.

A pesares da derrota os outros resultados da xornada permiten o Fisober seguir fora do descenso a espera dun encontro chave a volta do Nadal como será o enfrontamento co Mora co que está igualado a puntos. Unha vez chegado a Vimianzo as xogadoras  de Nacional e Provincial disfrutaron da cea de Nadal.

Dende o Fisober F.S.F. queremos desexarlle unhas Felices Festas de Nadal e un próspero 2015.




No hay comentarios:

Publicar un comentario