lunes, 19 de enero de 2015

Alcorcón B - Fisober. 1-2.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO :A.D.  ALCORCÓN “B” – FISOBER F.S.F. : 1-2.

ALCORCÓN B : Marta, Huda, Anita, Raquel Mena e Sheila ; tamén xogaron : Jessi Troco, Elsa Echarri, Paula, Alba Aguilar, Jesica e Ana.

FISOBER : Leti, Ana, Inés, Noelia e Myrella ; tamén xogaron : Mai e Laura.


ÁRBITROS : Daniel Pérez e Javier Montero  , CRONO: Sheila Alonso.

GOLES: 0-1 Noelia, 1-1 Huda, 1-2 Inés , ( descanso ) , tralo descanso non se moveu o marcador.

Partido disputado na tarde do sábado no P.M. Santo Domingo de Alcorcón co que se poñía fin a primeira volta na Segunda División Nacional do fútbol sala feminino.

O Fisober  grazas a un gran traballo e concentración defensiva durante os corenta minutos, sumado a que desta vez si aproveitou as oportunidades e o chisco de sorte que sempre fai falla, acadou unha importante vitoria a domicilio que os saca de momento dos postos de descenso.

Arrancaba o partido moi definido, dominio do Alcorcón e as costeiras repregadas tentando saír rapidamente a contra.

E así pasaban os minutos, sen saír ningún dos dous equipos do seu guión.

O traballo do Fisober lograba os seus froitos, o esforzo e concentración de cada unha das costeiras que aparecían pola pista era encomiable.

E así foi como se chegou a uns últimos dous minutos tolos da primeira metade onde se marcaron os tres goles do partido.

Golpeou primeiro Noelia para as costeiras despois dunha xogada de saque de banda. Case non puideron  saborear o gol as costeiras, xa que no mesmo minuto a local Huda poñía a igualada no electrónico nun lanzamento de falta.

E cando se chegaba o último minuto da primeira metade chegou o que puido ser o momento chave do partido cando Jesica desaproveitou unha inmellorable ocasión ante Leti para adiantar as locais e acto seguido unha contra visitante era finalizada por Inés para levar o Fisober en vantaxe o tempo de lecer.

Na segunda metade as locais puxéronlle unha marcha máis o partido se cabe. O Fisober debía redobrar esforzos se quería sacar algo positivo desta difícil pista e así o fixo. As xogadoras da Costa deixaron ata a última gota de suor para acadar a vitoria.

O partido practicamente  desputábase na media pista que defendía o Fisober. Pero o xenial traballo defensivo das xogadoras  visitantes  non deixaba que se movera o electrónico. E se o entramado defensivo era superado aparecían ou Leti ou os paus que desta vez decidiron xogar co Fisober.

Co paso dos minutos o dominio local era máis abrumador, pero a contra apareceron  oportunidades que puideron matar o partido a máis clara para Inés.

Os últimos minutos foron dramáticos a xa curta rotación visitante pola baixa de última hora por enfermidade de Raquel sumouse a lesión de Inés.

Os folgos xa eran poucos e o acoso cada vez maior, pero as locais non atopaban o gol do empate e iso daba un último empurrón as costeiras para seguir loitando.

Nos últimos dous minutos o Alcorcón sacou o ataque de cinco, pero non foi quen de acadar o seu obxectivo.

Vitoria de moito prestixio para as costeiras que traballaron arreo para acadala e que desta vez tiveron a sorte que outras veces lles deu as costas esta tempada.


A vindeira semana xornada a domicilio de novo, toca render visita o segundo clasificado o Leganés.

No hay comentarios:

Publicar un comentario