lunes, 12 de enero de 2015

Amarelle C - Fisober B. 7-0.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : VIAXES AMARELLE C – FISOBER “B” F.S.F. : 7-0.

AMARELLE: Martita, Lía, Marta, Paula e Goretti, tamén xogaron : Tati, Ana, Carlota e Aida.

FISOBER B : Anabel, Andrea Muíño, Tamara, Laura e Alejandra ; tamén xogaron : Andrea Piroja, Paula Fandiño e Nuriña.


ÁRBITRO : David Ruiz  , CRONO : Patricia Esparza.

GOLES : 1-0 Marta , 2-0 Lía, 3-0 Paula, 4-0 Goretti, 5-0 Lía, ( descanso ) , 6-0 Ana, 7-0 Aida.

Partido disputado na tarde do sábado no Pavillón de San Francisco Javier de A Coruña co que se poñía fin a primeira volta.

Como ben indica o resultado o partido non tivo moita historia e o filial do Amarelle levouno con bastante comodidade.

O arranque do mesmo foi premonitorio, xa que os cinco minutos case finiquitaran o partido as locais con tres goles obra de Marta, Lía e Paula. As locais eran un vendaval e as visitantes achicaban como podían, sen apenas poñer en apuros a porteira local.

Así mediada esta primeira metade Goretti facía o cuarto e chegando o remate era Lía a que facía o quinto co que se chegaba o tempo de lecer.

A volta dos vestiarios o partido perdeu ritmo, pero as visitantes seguían sen poñer en apuros as locais. 

Unhas locais que aínda foron quen de marcar dous novos goles nos últimos minutos de partido, obra de Ana e Aida, pechando cun resultado contundente un partido no que foron moi superiores.


A vindeira semana non haberá Liga, co cal o filial do Fisober voltará a competición en quince días ca visita a Cruces para arrancar a segunda volta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario