lunes, 26 de enero de 2015

Leganés - Fisober . 7-0.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : LEGANÉS – FISOBER F.S.F. : 7-0.

LEGANÉS : Marta Balbuena, Andrea, Puche, Sara Sanz e Patri Montilla ; tamén xogaron : Marina, Sila, Aida, More, Sandra, Amparo e Mireia.

FISOBER : Leti, Mai, Ana, Myrella e Noelia ; tamén xogaron : Raquel e Inés.


ÁRBITROS : Cristian Cubero e José Luis Cejudo ,  CRONO : Ana Sánchez.

GOLES : 1-0 Sara Sanz, 2-0 Puche , 3-0 Puche  ( descanso ), 4-0 Sila, 5-0 Marina, 6-0 Marina, 7-0 Marina.

Partido disputado na mañá do domingo no Pavillón La Fortuna de Leganés.

A pesares do resultado o Fisober ofreceu unha boa imaxe mentrás o osixeno e as lesións llo permitiron. A unha Inés con problemas nun nocello e que solo xogaría por forza maior, acumulouse unha torcedura tamén de nocello de Ana, o que fixo que o equipo xogara sen trocos case toda a segunda metade.

Arrancaban os dous equipos algo aletargados, quizais non lles sentaba ben madrugar. Aínda así as da Costa defendían con solvencia o ataque dun dos cocos da categoría.

Incluso os catro minutos Mai nunha contra tiña unha gran ocasión desbaratada pola porteira local. Respostaban as “pepineras” cun lanzamento que entre Leti e o pau evitaban que fora o primeiro gol do partido.

Dominio local e contras visitantes, así se dispuña o partido. Os sete minutos Myrella enviaba un lanzamento o pau. E a resposta local desta vez foi cun gol de Sara Sanz os oito minutos para abrir o marcador.

Co mesmo guión foron pasando os minutos ata que a tres para chegar o tempo de lecer Puche facía o segundo gol local.

Máis duro sería cando a sete segundos para o fin desta primeira metade Puche facía o tres cero, dando un duro golpe as visitantes que tan ben traballaran a primeira metade cunha rotación tan curta. Aínda así un lanzamento de Ana a desesperada case sen tempo foise o trabe da portería local.

Arrancou a segunda metade e o pouco do inicio, nunha xogada fortuita Ana torcía o nocello non podendo continuar  e deixaba sen cambios as visitantes, solo ca tocada Inés.

Cambiaba totalmente o partido xa que as locais intensificaron o dominio e as visitantes xa case non asustaban, perdendo folgos co paso dos minutos. Tocaba defender , enorme esforzo de todas dende Leti na portería ata calquera das xogadoras de pista que deixaron sen goles a súa portería durante case dezaseis minutos.

Un golpe de Myrella mediada a segunda metade , fixo que a renqueante Inés xogara incluso un segundos.

E así aguantaron as da Costa ata os catro últimos minutos, sen recibir un solo gol na segunda metade. Pero os últimos catro fixéronse eternos  e os goles primeiro de Sila e despois unha tripla de Marina puxeron o amplo sete a cero final para un Fisober que traballou moi ben a pesares das dificultades.



No hay comentarios:

Publicar un comentario