lunes, 2 de febrero de 2015

Fisober B - Troula. 4-6.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – TROULA : 4-6.

FISOBER B : Alejandra, Paula Fandiño, Tamara, Laura e Andrea Muíño ; tamén xogaron : Andrea Piroja e Antía.


TROULA : Estefanía, Carla, Noelia, Silvia e Susana ; tamén xogaron : Olaya, Ana e Mayra.

ÁRBITRO: Maryluz  Mendoza  , CRONO : Melanie Mendoza.

GOLES : 0-1 Silvia , 1-1 Paula Fandiño, 1-2 Silvia, 1-3 Silvia, 2-3 Tamara, 3-3 Paula Fandiño , ( descanso ) , 3-4Noelia ,3-5 Carla ,4-5 Andrea Muíño, 4-6 Silvia.

Partido disputado na tarde – noite do sábado no Pavillón Municipal de Vimianzo. O igual que no primeiro equipo as baixas azoutaron o filial , especialmente na portería o que fixo que Alejandra estivera baixo paus por segunda semana consecutiva.

Nun partido tolo a vitoria foi para un Troula que foi mellor e se levou a vitoria con xustiza, ante un filial que segue ca súa montaña rusa de sensacións.

Os dous minutos xa se adiantaban as visitantes cun gol de Silvia para poñer o cero a un. Pouco lles duraba a ledicia xa que os catro minutos Paula Fandiño aproveitaba o lanzamento dun libre indirecto na frontal para igualar o partido.

E no partido tolo de novo Silvia os seis minutos facía o segundo para as betanceiras. E a mesma Silvia mediada esta primeira metade poñía con dous de vantaxe as súas.

Cando parecía que se ía chegar con ese resultado o tempo de lecer , dous últimos minutos tolos con goles de Tamara primeiro e Paula Fandiño despois deixaban a igualada no tanteador.

A segunda metade dispúñase con outra perspectiva e nos primeiros minutos así foi. Pero cando os cinco minutos Noelia facía o tres a catro, volveron as dúbidas e o descontrol as locais.

Os dez minutos Carla poñía o quinto visitante , deixando moi costa arriba o partido para o filial.

Aínda así tentaron sacar algo cun último arreón final, cun gol de Andrea Muíño a falla de tres minutos. Que foi respostado case de seguido por Silvia que pechaba o seu cuarto gol e aseguraba a vitoria para as súas.

A vindeira semana tocaralles viaxar a terras de Ferrolterra para visitar as Ártabras.


No hay comentarios:

Publicar un comentario