lunes, 23 de febrero de 2015

Fisober B - Work. 0-7.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – GRUPO WORK : 0-7.

FISOBER B : Alejandra, Tamara, Nuriña, Laura e Andrea Piroja ; tamén xogou : Antía.


WORK : Bea, Ainhoa, Patri, Nuria e Sandra ; tamén xogaron : Albita, Laura, Alba, Cris e Mónica.

ÁRBITRO : Emilio Losada ; CRONO : Yayo  Pájaro.

GOLES : 0-1 Sandra, 0-2 Sandra, ( descanso ) , 0-3 Ainhoa, 0-4 Alba, 0-5 Ainhoa, 0-6 Cris, 0-7 Laura.

Partido disputado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vimianzo.

O filial do Fisober está nese momento da tempada que como di o refrán : “ se monta un circo , crécenlle os ananos “. Esta semana que comezaba a recuperar algunhas das ausentes nos derradeiros partidos, unha epidemia de gripe asolou o vestiario tanto do filial coma das infantís , as que sempre botan unha man nestes casos.

Co panorama de solo seis xogadoras e cunha Tamara con problemas musculares , que non foi quen de rematar o partido, tocoulle lidiar o filial. Por ser baixa tamén o foi o seu adestrador   Javi “Jemisa”.

Pero non todo entre tanta baixa é malo, as dificultades tamén son boas para fortalecer a un equipo e máis aínda a un filial, acostumarse a este tipo de situacións curte  sendo  parte da formación. Ademais xogadoras menos habituais gozan de minutos e Alejandra que vai polo seu cuarto partido na portería, comeza a collerlle o gusto.

No deportivo, o equipo aguantou o que lle durou o osixeno. Dende o arranque dominio visitante e as locais esperando atrás e buscando unha contra. E pareceu funcionar o principio, xa que na primeira metade non pasaron moitos agobios as costeiras, aínda así  recibiron dous goles.

Os catro minutos , Sandra xa adiantaba as coruñesas. Sen moitas ocasións pasaron os minutos seguintes e se chegaban aparecía unha Alejandra moi atenta.

A sete para o fin da primeira metade de novo Sandra aproveitaba para facer o cero a dous co que se chegou o tempo de lecer.

Un gol xusto o arranque da segunda metade por mediación de Ainhoa, parecía que afundiría as costeiras, pero foi todo o contrario. Deulles un pulo e fixeron os seus mellores minutos, con ocasións a contra.

 Pero a porteira visitante Bea mostrouse infranqueable. Primeiro Nuriña non foi quen de superala, despois un lanzamento de Tamara foise o trabe e despois de novo Nuriña topouse con Bea.

As coruñesas tamén chegaban e a sete para o fin Alba facía o cuarto. Para daquela o filial xa non contaba con cambios polos problemas musculares de Tamara o que fixo os últimos minutos moi compricados. Gozaron dunha última oportunidade as locais pero de novo Bea gañou no man a man a Nuriña.

Nos últimos dous minutos chegaron tres novos goles visitantes para pechar o electrónico. Ainhoa, Cris e Laura foron as autoras dos goles.

En definitiva cómoda e merecida vitoria para un Grupo Work fronte o que sempre é un pracer xogar, cun filial que loitou ata o fin e o deixou todo a pesar de tódalas dificultades polas que está a pasar nas últimas xornadas das que tamén  debe aprender .


No hay comentarios:

Publicar un comentario