lunes, 9 de febrero de 2015

Simancas - Fisober. 5-3.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : ADAE SIMANCAS – FISOBER F.S.F. : 5-3.

SIMANCAS : Noe, Sonia, María, Mari Paz e Silvia ; tamén xogaron : Flavi, Marta e Miriam.

FISOBER : Leti, Mai, Raquel, Myrella e Noelia ; tamén xogaron : Inés e Tamara.


ÁRBITROS : Cesar Iglesias e Dean Recojevic , CRONO : Fernando Madrid.

GOLES : 1-0 María, 2-0 María, 2-1 Raquel, 2-2 Myrella, ( descanso ) , 3-2 Silvia , 4-2 Flavi, 4-3 Inés, 5-3 Mari Paz.

Partido disputado na tarde do sábado nunha das pistas do P.M. San Blas de Madrid.

O Fisober pagou caro o seu mal arranque de partido aínda así amosou que non se rinde , uns primeiros minutos nos que quizais lle custou adaptarse a pista despois do longo viaxe.

Arrancaba moi mal o partido para o Fisober xa que os tres minutos María adiantaba as locais. E peor se poñían cando a mesma María volvía a marcar para poñer un dous a cero no electrónico.

Dous goles de desvantaxe case o saír a pista deixaba moi malas perspectivas as costeiras.

Pero co paso dos minutos foron adaptándose a pista e o rival e comezaron a chegar a porta local. Así mediada esta primeira metade Noelia enviaba un balón o pau.

Pouco despois os doce minutos Raquel aproveitaba unha pelota no área para poñer o dous a un. Xa pintaban mellor as cousas.

Mellor se puxeron cando a cinco para o fin da primeira metade Myrella enganchaba unha volea ca esquerda case sen ángulo para cun espectacular gol facer  o dous a dous.

E incluso puideron ir en vantaxe o tempo de lecer  as da Costa , pero Inés non puido superar a porteira local. Con igualada a dous  chegouse o tempo de lecer.

No arranque da segunda metade de novo as locais golpearon , solo un minuto e medio despois da volta de vestiarios Silvia de reviravolta facía o terceiro gol local.

Tería que remar novamente o Fisober se quería acadar algo de proveito. A segunda metade foi moito máis pechada ca primeira. Os equipos non chegaban con tanta claridade a meta contraria.

Os minutos ían pasando e o marcador non se movía. Chegando os últimos minutos a piques estivo de chegar Mai a un balón morto no área que puido supoñer a igualada.

Todo se complicou se cabe máis cando a 2:37 para o fin Myrella cortaba un balón ca man e vía o segundo cartón amarelo, ca conseguinte inferioridade visitante. Aproveitou o Simancas a oportunidade  e Flavi facía o catro a dous a pouco máis de dous minutos para o fin, un gol que parecía pechar o partido.

Pero o Fisober non se rendeu e respostou cunha ocasión da incisiva  Inés. Quen a minuto e medio para o fin volveu a ter o gol nas súas botas e desta vez non errou, poñendo o catro a tres no electrónico que metía de novo no partido as súas.

Cando a corenta segundos para o fin o Fisober recuperou o balón decidiu arriscar e  saír de cinco con Leti fora da súa  porta.

A vinte segundos para o fin a xogada que puido cambiar o resultado , Inés recuperaba un balón co que encaraba a porteira pero os árbitros decretaron que fora ca man, o colexiado estaba moi  ben colocado así que confiamos na súa decisión, pero do posible catro a catro pasouse a un dobre penalti a favor das locais que supuxo o cinco a tres por mediación de Mari Paz. Que poñía fin a un entretido , disputado e deportivo partido.


Destacar a volta de Inés trala lesión, a primeira viaxe para Tamara ,que Ana a pesares de estar lesionada  quixo viaxar co equipo e a mesturanza de cores que luciu o equipo debido as coincidencias, camiseta negra e pantalón e medias negras, nunca se lucira así.

No hay comentarios:

Publicar un comentario