lunes, 5 de junio de 2017

Que pouco sei de fútbol.

Queda demostrado  o pouco que sei de fútbol. Con todo o que critiquei a Zizou nas malas e mira todo o que conseguiu ata agora, buff xa leva as mesmas Champions co gurú, incrible e sin ter idea. Pero como di Jabois : " A derrota está mellor escrita que a vitoria, e a literatura solo é arte cando o final non é feliz, os finales felices son a precuela de algo que o autor nos aforrou ler" . Así se sinte un servidor , desafoga mellor cando escribe na derrota, flue todo moito mellor.

Porque aquí o ventaxismo e o victimismo está a orde do día. Arrancando por un mesmo non o nego. Pero claro un servidor escribe e queda todo aquí gardadiño, polo tanto intenta seguir unha liña, máis ou menos. A veces atizan, e non queda outra que apandar, o mellor é cando collen cachiños desnaturalizando  o texto, claro como a xente balbucea e despois se esconde, así é moito máis fácil claro.

Os que saben e non son os típicos periolistos que atizan, dixeron esto sobre a final e voume quedar con el, co magnífico artigo de Ecos del Balón, tamén co de G. Valverde en MI. Eses periolistos que decían que non tíñamos adestrador, nin director deportivo, eses que lle atizaban tanto a Flo. Agora dirán tamén que os títulos son obra e gracia de Flo, como cando antes era un fracaso del, estano dicindo ?  Eses que fixeron que cada vez son máis cercano a Flo, solo polo que nos pegan. En Lei Mordaza  ou hateando entornos comezaba a explicalo anos atrás.

Zizou o técnico sen carnet, o títere de Flo o que non lle gañou a La Roda. Con tranquilidade, soberbio en RDP, quen o diría. ZZ  foi o que conseguiu o que sempre pedín, O novo Lolaso aínda que o hateo menos co Lolaso iso.  Mou unha vez estivo a piques , pero solo unha vez.

Aínda que bueno a idea que resultou  de Zizou é a miña dende un principio tamén. Cr ao posto de nove, rotando coma calquera e rotacións para todos, apostar por xóvenes fichaxes ...... Sempre dixen que a chave partía deso e foi a chave. Había que ter as pelotas para facelo, a sorte para facelo e convencer a todos. A xestión de egos como dixen no seu día, si hai espíritu de equipo prodúcense roces pero o equipo manténse a flote.

Se convences a Cristiano o resto entra polo aro das rotacións está claro. Que conste que fai anos que dixen que había que vender a Cristiano o único resquicio que deixaba era lograr esto, aínda así condiciona demasiado o xogo, pero si fai este final de campaña temos que recoñecerllo tamén.

Outro o que lle peguei bastante foi a Keylor, que acabou coma unha moto, a parada do inicio do partido foi chave. Creo que De Gea é mellor ca el pero non dou 75 kilos por el, penso que por algo menos sacamos a Leno que é mellor cos 2. Unha transición con Leno e Keylor pareceríame xenial. Pero queda demostrado que moito de fútbol non sei, así que o que decida Zidane bo será.

A Churu tamén lle peguei, bastante sobre todo por aliarse cos periolistos, parece agora un bo capitán.

Pasámolo mal na primeira parte e o descanso non o vía nada claro de feito viao escuro pero...... a segunda metade foi incrible, quizais por.....

Ter a todos fresquiños e con ritmo e ter a Lukita, meu querido Lukita. Xogou 5 Champions co Madrid, gañou 3, e 2 semis. Pero claro nunhas semis estivo lesionado e a outra foi a do Dormund. Non creo que sexa casual, o mellor xogador do Madrid sen dúbida. Sen as súas lesións e con boa xestión algún título máis caia penso.

Datos como Isco e Bale  3 de 4 Champions, Casemiro 3 de 3, Danilo e Kovacic  2 de 2, ....... ! Para que logo comparen con mitos, si somos ventaxistas, aquí tamén sabemos.

A Zizou pegueille non foi o que máis pero si lle peguei. Sempre fun de ideas deslabazadas e tolas tamén.

A Zizou pegueille xa en novembro un pouquiño cando volvín a escribir, sempre pensando un servidor nas rotacións . Ainda que cando máis o criticaban rompín unha pequena  lanza ao seu favor. Ou cabreado pero aínda  confiante despois de caer en Valencia.

A igualada contra a U.D. As Palmas deixoume dos peores momentos da tempada, a liga íase ao garehte !

Ala por principios de abril dixen que Zizou estaba ante decisións difíciles, importantes para o final desta tempada. Aínda que o maior cabreo foi despois de caer no último Clásico, non me cabía na cabeza perder aquel partido. Para rematar o ano con adultera do do Boom que non vai moito sobre Zizou.

Agora toca non durmirse, que o ano 3 de Mou foi un desastre por iso, foiselle das mans. Hai que ter fame, gañas e sorte. Seguir traballando nesta liña para ter opcións en todo, despois xa se verá. Non menospreciar o rival pero non rendirse e traballar.

P.d. : Que baixe todo mundo o campo despois de gañar non ten xeito, xogadores e corpo técnico a dar a volta de honra, foi un desproposito o meu entender. Entre toda a xente que colou a Uefa e a que colaron os xogadores parecía unha romería.

En capítulos anteriores :

Boom.

NODOS.

Letras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario