domingo, 18 de noviembre de 2012

4 Arcos Logroño - Fisober. 0-3.


SEGUNDA DIVISIÓN
RESULTADO : CUATRO  ARCOS LOGROÑO – FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO” . 0-3.

CUATRO  ARCOS LOGROÑO : Ana Palacios, Irene, Natalia, Sonia e Ana ; tamén xogaron : Virginia, María, Ana Sesma e María Cuello.

FISOBER : Paula, Patri, Ylenia, Ana e Olalla ; tamén xogaron : Barca, Elsa, Myrella, Nuria, Noelia e Eva.


ÁRBITROS : Óscar Crespo e Fernando San Miguel ; Crono : Javier Lusa.

GOLES : Chegouse co 0-0 o descanso . 0-1 Patri ; 0-2 Nuria, 0-3 Eva.

Na tarde do sábado en Logroño conseguía o Fisober a súa segunda vitoria en Segunda División despois dun partido moi disputado e no que o traballo defensivo e a intensidade  axudou a sacar o partido adiante sobre todo cando a expulsión de Paula as  fixo  xogar dous minutos en inferioridade.


Os dous equipos xogaban ca ilusión de puntuar para alonxarse da parte baixa da clasificación. Os primeiros minutos foron os típicos de tanteo, cun lixeiro dominio das locais, pero sen crear excesivo perigo ante a porta dunha moi segura Paula.

O Fisober esperando a media pista na busca dun erro do rival para saír a contra. E unhas locais que dominaban o partido pero sen apenas profundidade.

Así transcorría a primeira metade cun xogo pouco vistoso para os espectadores, quizais polo medo a perder dos dous equipos, algo temorosos.


Ata que a seis minutos para o fin os colexiados consideraban unha man fora do área de Paula como ocasión manifesta de gol ensinándolle cartón vermello directo o que supoñía para o Fisober xogar dous minutos en inferioridade e a porteira que vía o camiño dos vestiarios.

Esta xogada cambiou o partido e o seu ritmo. Eva púxose baixo paus e as visitantes fixeron un enorme esforzo defensivo para aguantar eses dous minutos en inferioridade sen encaixar un gol e lográrono.

A falta de catro para o fin o Fisober recuperaba a igualdade sobre a pista, pero o partido xa cambiara o ritmo, xa era moito máis vibrante aínda que o electrónico non cambiou camiño do tempo de lecer, chegándose coa igualada a cero.


Na segunda metade o Fisober foi un pouco máis agresivo e xa non deixou combinar tan fácil as locais, que perderon o dominio que tiveran na primeira.

Aínda así os minutos pasaban sen que ningún dos dous equipos crearan ocasións moi claras. Pero segundo se acercaba o fin do partido o Fisober ía subindo un pouquiño cada vez máis a súa liña de  presión sobre o rival e controlando a súa vez o partido.

Así a once para o fin unha xogada de Patri acabou cun balón o pau desta aínda que tamén tiña completamente sola a Elsa no segundo pau.


A nove para o fin tiveron a súa ocasión máis clara as locais pero Barca baixo paus evitou o primeiro gol local.

O Fisober seguiu o seu cada vez máis preto da porta rioxana, e xa nese mesmo minuto Nuria se atopaba ca meta local. E case de seguido a mesma Nuria vía de novo como a porteira local tapaba ben nun libre indirecto no borde do área, similar o que a semana anterior supuxera o seu gol fronte o Flavióbriga.

O gol xa rondaba e foi a sete para o fin cando Patri finalizaba unha xogada para poñer en vantaxe as da Costa cun lanzamento pegado o pau curto da porteira.

O bo traballo defensivo e a intensidade nesta segunda metade  de  todo o equipo  daba os seus froitos e apenas pasaban problemas.


Ata que a tres para o fin as locais decidiron arriscar ca porteira-xogadora o cal foi un manxar para o Fisober, xa que na primeira xogada que a puxeron en práctica e cando se estaban colocando un roubo de Nuria fixo que ela mesma fixera o cero a dous a pracer.

E case despois do saque de centro e dun lanzamento sobre Eva , con rapidez e sen deixar tempo de reacción Eva  probou sorte dende o borde do área  e facía o cero a tres ca conseguinte ledicia para a porteira do Fisober.


As locais arriscaron un pouco máis pero como vían que sufrían máis perigo do que creaban , renunciaron o ataque de cinco,  e o partido e os tres puntos viñeron de camiño para a Costa.

Destacar que a porteira do Fisober Eva se estreou como goleadora en Segunda División ,da mesma maneira é curioso  que as dúas vitorias das da Costa chegaron como visitantes e vestidas de vermello. Pechando unha gran semana para a familia Fisober ca convocatoria de Patri e Ana para a galega sub 23 e o Premio Nordés dos Deportes para o clube.

No hay comentarios:

Publicar un comentario